Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 1995 Páx. 2.767

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión salarial do convenio colectivo de ámbito provincial da empresa Orember, S.A., de Ourense para o ano 1995.

Visto o texto da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Orember, S.A., código de convenio nº 3200252, de Ourense, para o ano 1995, que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 2 de marzo do ano en curso, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e, da parte social polo comité, o día 27 de xaneiro de 1995, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo.

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito convenio no libro rexistro desta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 8 de marzo de 1995.

Manuel López Casas

Delegado provincial de Ourense

Acta do acordo da comisión mixta do convenio colectivo da empresa Orember, S.A. para o ano 1995

Sendo as 12.30 horas do día 27 de xaneiro de 1995, nos locais de Orember, S.A., no polígono industrial de San Cibrao das Viñas, reúnense as persoas a seguir relacionadas, integrantes da comisión paritaria do convenio da empresa de Orember, S.A., co obxecto de alcanzar un acordo sobre regularización dos conceptos económicos do ano 1995, de acordo co establecido no convenio da empresa, que con

vixencia ata o 31 de decembro de 1995, foi subscrito por ámbalas partes con data do 25-10-1994.

Parte social:

Polo comité de empresa:

Carlos Vega Gómez, DNI nº 76.755.298.

Lino Fernández Álvarez, DNI nº 34.450.963.

Parte empresarial:

Manuel Hombre Lago, DNI nº 33.207.402.

Virgilio Romero Suárez, DNI nº 33.236.760.

Tralas consideracións que se consideraron oportunas formuladas por cada unha das partes, a comisión paritaria do convenio, adopta, por unanimidade, os seguintes acordos:

Primeiro.-Establecido polo Instituo Nacional de Estatística o índice de prezos de consumo (IPC) acumulado do ano 1994, en 4,3 puntos, e téndose, pactado un incremento salarial en convenio do 4,5% para o dito ano, produciuse un incremento real en tódolos conceptos retributivos de 0,2 puntos.

Segundo.-O incremento do 4,5% para o ano 1994 estableceuse tomando como referente unha inflación estimada da mesma porcentaxe, garantindo, en todo caso, un incremento igual ó IPC real do dito ano.

Como queira que o IPC acumulado de decembro foi do 4,3%, produciuse un incremento de 0,2 puntos sobre a estimación prevista, tomándose, en función do acordado, como incremento a conta do aumento correspondente a 1995.

De acordo co establecido o apartado nº 2 do artigo 45 do convenio, e unha vez que o Goberno fixou o seu obxectivo de inflación no 3,5%, procede aplicar un incremento salarial para o ano 1995 do 4,3%, o que supón alcanzar un incremento económico de un punto sobre o IPC previsto.

Todo isto sen prexuízo das regularizacións que ó final do ano 1995 se establecen no citado artigo 45, coa finalidade de obter un aumento de 1 punto sobre o IPC real acumulado dos dous anos de vixencia do convenio colectivo.

Terceiro.-O presente acordo de regularización de conceptos económicos inicia os seus efectos o primeiro de xaneiro de 1995 para o persoal que nesa data integrase o cadro da empresa.

Cuarto.-As contías dos salarios, valor das horas extraordinarias e plus de locomoción son os recollidos nos tres anexos que se xuntan á presente acta, unha vez aplicado o incremento do 4,3% correspondente ó ano 1995, salvo no plus de locomoción, que mantén a súa contía aplicándose o incremento correspondente ó plus de xornada.

Igual incremento se lles aplicará ós complementos ad personam consonte o disposto no artigo 47.

Quinto.-A antigüidade prevista no artigo 18 do convenio establécese en 3.624 pesetas mensuais.

O plus de xornada establecido no artigo 19, por mes efectivamente traballado, ascende ás seguintes contías:

Plus de tres quendas: 11.211 pesetas.

Plus de catro quendas: 25.570 pesetas.

Plus de dúas quendas e xornada partida: 8.862 pesetas.

No plus de xornada inclúense os incrementos que corresponden ó plus de locomoción que mantén a contía do ano 1994.

A mellora social prevista no artigo 24 do convenio fíxase en 425 pesetas.

Sexto.-Como queira que non se alcanzou ata a data un acordo sobre os capitais fixos segundo tramos de idade, que substitúan a actual fórmula de aseguramento da póliza complementaria de invalidez total establecida no artigo 42, acórdase prorroga-la súa vixencia para o ano 1995, en canto non se alcance o dito acordo.

Sétimo.-Delegar en Virgilio Romero Suárez para que presente esta acta e os seus anexos na delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, co fin de que se lle dea o trámite oportuno, incluída a súa remisión ó SMAC e a publicación no BOP.

E, en proba de conformidade, ratificando en tódolos seus extremos a presente acta, os asistentes asinan no lugar e data arriba indicados.

Os que veñan percibindo un plus de locomoción superior o que, para a súa categoría, aparece nesta táboa, verán incrementado o exceso sobre a dita tábao nun 4,3%.