Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 1995 Páx. 2.769

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Martínez de Lugo, S.L.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Martínez de Lugo, S.L. (código 2700542), da provincia de Lugo, asinado o 23 de febreiro de 1995, pola representación da citada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90, apartados 2 e 3 da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo-Remiti-lo texto do citado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 8 de marzo de 1995.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

ACTA

-Representación empresarial:

Manuel Martínez Vázquez.

-Representación social:

Edelmiro Llamas Rozas.

Juan C. Suárez López.

José C. Calvo Latas.

(Delegados de persoal).

En Lugo, sendo as nove horas do día 23 de febreiro de 1995, reúnese as persoas indicadas na marxe, integrantes da comisión negociadora do convenio colectivo que ha rexe-las relacións laborais da empresa Martínez de Lugo, S.L., e logo de amplas deliberacións adóptanse os seguintes,

ACORDOS:

Primeiro.-Aproba-lo texto do convenio e mailas táboas salariais anexas, para o cal as partes contan con capacidade legal suficiente, tal como se acredita na acta de constitución da comisión deliberadora, para tal negociación.

Segundo.-Finalmente, acórdase remitirlle esta acta e mailo texto do convenio anexo á autoridade laboral competente para os efectos legais oportunos.

En proba de conformidade, asinan esta acta no lugar e data da cabeceira.

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

As normas contidas neste convenio colectivo serán de aplicación á empresa Martínez de Lugo, S.L., de Lugo, e afectan a tódolos seus traballadores e ós que integran no cadro de persoal durante a súa vixencia.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O convenio afecta a tódolos traballadores do cadro da empresa que estean prestando os seus servicios no momento da súa entrada en vigor, ou sexan contratados durante a súa vixencia.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

A súa vixencia será de dous anos de duración a partir do 1º de xaneiro de 1994, acordándose que en canto a salarios se incrementarán no 1,50% para o ano 1995, aplicado cos criterios que se sinalarán no artigo 28 deste convenio.

Así mesmo fíxase como prazo de denuncia do convenio o de un mes antes da súa expiración, por escrito e por calquera das partes denunciantes, comunicándollo así á outra.

Artigo 4º.-Non compensación de melloras.

As condicións de traballo fixadas no convenio terán o carácter de mínimas e, na súa virtude, serán nulas, e non terán efecto ningún entre as partes os pactos ou cláusulas que impliquen condicións menos favorables para o traballador, sen que o convenio poida limitar ou diminuír en ningún caso situacións obtidas polos traballadores, individual ou colectivamente, as melloras económicas do presente convenio non poderán compensar ou absorber aqueloutras que os traballadores viñesen desfrutando. Estas últimas melloras manteranse intanxibles, e consecuentemente engadiranse en contía íntegra ós salarios que segundo categorías se establecen neste convenio.

Artigo 5º.-Antigüidade.

O persoal abranguido neste convenio colectivo percibirá aumentos periódicos por anos de servicio, consistentes no aboamento de trienios do 5% sobre os salarios que se fixen nas táboas anexas, para os anos 1994-1995. Para o cómputo da antigüidade considérase data inicial a de ingreso no cadro de persoal, calquera que sexa a categoría en que se realizara o mesmo, e conservarase en caso de ascenso. O incremento que os trienios supoñen de acordo coas escalas que para eles se achegan seguiranse computando durante a vida activa do traballador e considerarase tempo hábil para estes efectos aprendizaxe, aspirantando, auxiliares de caixa, persoal de limpeza, etc. Nesta materia aplicarase o disposto no artigo 25.2º do Estatuto dos traballadores, en canto á regulación dos topes máximos.

Artigo 6º.-Pagas extraordinarias.

Con ocasión da festividade do Nadal, aboarase nesta data unha gratificación extraordinaria, consistente no salario fixado para cada categoría profesional no vixente convenio, entendéndose como tal a suma do soldo, antigüidade e mellora voluntaria.

Así mesmo, nos meses de xullo e setembro de cada ano aboarase a todo o persoal unha gratificación extraordinaria por importe dunba mensualidade calculada sobre a base do parágrafo anterior, fixándose como data tope para o seu aboamento os días 15 de xullo e 15 de setembro.

Os traballadores que no momento do aboamento das pagas extraordinarias anteriormente citadas non levasen un ano o servicio da empresa, percibirán a parte proporcional delas ó tempo traballado e os que deixesen a empresa antes de cumpli-lo ano de servicio na mesma terán dereito ó percibo da parte proporcional correspondente ós meses transcorridos desde o seu ingreso na empresa.

Artigo 7º.-Pagas de beneficios.

Igualmente no mes de marzo e como data tope o día 15, en concepto de paga de beneficios, aboarse unha gratificación equivalente a unha mensualidade calculada na forma que determina o artigo anterior, percibindo os traballadores as partes proporcionais nos mesmos supostos establecidos no citado artigo.

Artigo 8º.-Baixa por enfermidade, maternidade e accidente.

Nestes casos aplicarase o que estableza a lei no seu momento, a partir de que se produza a situación de baixa do traballador.

Logo dun estudio de cada caso concreto, no suposto de o considerar procedente, a empresa aboaralle ó seu persoal en situación de baixa por enfermidade, accidente ou maternidade, durante os seis primeiros meses de duración daquela, unha cantidade que representará a media das primas ou incentivos percibidos polo traballador durante os seis meses anteriores a producirse tal situación de baixa.

Para estes efectos será determinante o informe do comité de empresa ou delegados de persoal e a conformidade do dito informe por parte da empresa.

Artigo 9º.-Baixas do persoal.

Neste aspecto será de aplicación o que a lei determine en cada momento.

Artigo 10º.-Capacidade diminuída.

Os traballadores afectados de capacidade diminuída terán que ser aplicados noutra actividade distinta á da súa categoría profesional e adecuada á súa aptitude. A capacidade diminuída debe ser acreditada e certificada por persoal técnico facultativo oficial, en tódolos casos.

Respectaráselle-lo salario que tiveran acreditado antes de pasaren á citada situación e conservando o dereito ós aumentos que por convenios, pactos, ete., experimente no sucesivo a categoría que tiveran

no momento de producirse o feito determinante da diminución da súa capacidade.

A asignación destes postos faraa a empresa, notificándollo previamente ó comité de empresa ou os delegados de persoal.

Artigo 11º.-Xornada e horario.

Durante a vixencia deste convenio, a xornada de traballo axustarase ó cadro que figura no anexo A que se achega e afecta a tódolos traballadores sen distinción de categorías ou funcións.

Como os sábados non son laborables, a empresa poderá negociar directamente cos traballadores o retén para o sábado, pactando directamente con eles as condicións económicas ou outra clase de compensación.

Acórdase así mesmo que este artigo se adaptará á situación laboral que emane das disposicións legais sobre materia de xornada laboral e horario.

Artigo 12º.-Vacacións.

As vacacións anuais serán de trinta días naturais para tódolos traballadores que cumpriran un ano de antigüidade na empresa, desfrutándose de forma ininterrompida, salvo acordo en contra de ámbalas partes. O desfrute delas procurarase que coincida coa temporada estival e en caso de desacordo aplicarase o previsto na lei.

Os traballadores que non cumprisen un ano efectivo na empresa, no caso de lles interesar, estarán no seu dereito a desfrutaren o tempo proporcional ó período traballado.

Artigo 13º.-Cesamento por matrimonio.

As mulleres traballadoras que se rexan por este convenio e que no sucesivo cesen voluntariamente na empresa con motivo de casaren, terán dereito a un dote de tantas mensualidades de soldo-convenio máis antigüidade, se é o caso, como anos de servicios prestasen na empresa, sen que poida exceder de seis mensualidades. A empresa poderá esixi-la exhibición do certificado de casamento, antes do aboamento deste concepto.

Artigo 14º.-Premios de nupcialidade e natalidade.

Ó persoal da empresa concederáselle os seguintes premios nos casos que se fixan:

a) Ó casar: 12.000 ptas.

b) Ó nacer cada fillo: 15.000 ptas.

Coma no caso do artigo anterior, o traballador deberá acreditar documentalmente o feito que orixina os premios mencionados.

Artigo 15º.-Xubilación, invalidez e falecemento.

O traballador que se xubile ó servicio da empresa percibirá en concepto de gratificación unha cantidade equivalente a seis mensualidades de soldo-convenio de acordo coa escala en vigor no momento de producirse tal situación.

En caso de invalidez ou falecemento do traballador, a empresa aboaralles ós seus habentes-dereito

seis mensualidades, de acordo co contido do parágrafo anterior.

Artigo 16º

No non previsto neste convenio seguirase o disposto na lexislación laboral vixente.

Artigo 17º.-Incentivos, primas de producción e comisións de venda.

1) A empresa negociará para o prazo de vixencia deste convenio, co persoal que se cita a seguir, as condicións de incentivación por vendas e productos, sendo o dito persoal o seguinte: director comercial, xefe de servicio posvenda, xefe de recambios, xefe de vendas de vehículos e delegados de vendas (viaxantes).

2) Polo que respecta ó resto do persoal establécense as seguintes condicións:

2.1. Se o beneficio neto da empresa é perda, o incentivo a percibir será cero.

Para estes efectos, trimestralmente revisarase o sistema e aínda que un mes se producise perda, se o acumulado dos tres meses é beneficio, actuarase de acordo co apartado 2.2 deste artigo. A dita revisión trimestral será definitiva e non se poderá acumular ó seguinte trimestre. É dicir, o ciclo de revisión e recuperación pecharase cada tres meses.

2.2. Se o resultado é beneficio, e tomando como base os incentivos e primas de producción aprobados pola dirección e asinados por todo o persoal, con data do 1-4-1979, actuarase da forma seguinte:

a) Se o beneficio non supera as 50.000 ptas. ó mes, aboarase o 90% das cantidades pactadas no seu día. Superadas, as 50.000 ptas. ó mes, aboarase o cen por cento da citada cantidade. O mesmo ea no apartadao 2.1, neste caso pecharase o ciclo cada trimestre.

b) En calquera dos casos en que se devenguen incentivos, estes estarán suxeitos ó índice corrector de presencia de acordo con:

HP (horas presencia).

1 x

HM (horas traballo mes).

Será penalizado calquera tipo de ausencia ó traballo, excepto vacacións, laboral sindical ou cursos establecidos pola empresa.

Para efectos do índice corrector de presencia, non se computarán as horas extraordinarias realizadas polo persoal que son pagadas á parte cos incrementos correspondentes.

Artigo 18º.-Fondo social.

A empresa outorga 100.000 ptas. anuais a fondo perdido que serán administradas polos representantes dos traballadores, coa denominación de fondo social, os cales elaborarán no prazo de dous meses a normativa a que se axustarán as condicións de aplicación deste fondo, para coñecemento do persoal.

Artigo 19º.-Aplicación do convenio.

En cumprimento do preceptuado pola lei, constituirase unha comisión paritaria composta por dous

representantes de cada unha das partes negociadoras a fin de asesorar e informar sobre a interpretación e aplicación deste convenio. Os acordos desta comisión adoptaranse por maioría e de non lograrse ámbalas partes acordan somete-la interpretación legal decisoria á xurisdicción laboral competente.

Artigo 20º.-Seguro de vida.

A empresa seguirá mantendo en vigor o segundo de vida, para casos de morte ou invalidez, que se concerteu cunha compañía de seguros en beneficio do seu persoal.

Artigo 21º.-Outras melloras.

A aqueles traballadores de calquera cualificación que teñan ascendentes ou descendentes subnormais que dependan deles, aboaránselles 5.000 ptas. mensuais por cada un.

Artigo 22º.-Horas extraordinarias.

a) Horas extraordinarias que veñan esixidas por reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes, así como en caso de risco de perda de materias primas: realización.

b) Horas extraordinarias necesarias por pedidos imprevistos ou períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda ou outras circunstancias de carácter estructural derivadas da natureza da actividade de que se trate: mantemento sempre que non poidan ser substituídas pola utilización das distintas modalidades de contratación previstas legalmente.

e) A dirección da empresa informará mensualmente o comité de empresa ou delegados de persoal sobre o número de horas extraordinarias realizadas, se as houber, especificando as causas e a distribución por seccións. Así mesmo, en función desta información e dos criterios sinalados nos apartados, a) e b), a empresa e o comité ou delegados de persoal determinarán o carácter e natureza das horas extraordinarias, notificándollo mensualmente á autoridade laboral para efectos de lle dar cumprimento ó establecido na normativa vixente sobre cotizacións á Seguridade Social.

Artigo 23º.-Plus de transporte.

O plus de transporte para os empregados desta empresa é de 160 ptas. por día de presencia, durante a vixencia deste convenio, excepto para aqueles ós que a empresa teña asignado un vehículo ó seu servicio.

Artigo 24º.-Plus de asistencia.

Establécese un plus de asistencia para tódalas categorías profesionais na contía de 300 ptas. por día de presencia. Este plus terá ó carácter de inasorbible igual có reflectido no artigo anterior, nin en parte por algún incremento salarial.

Como o seu nome indica devengarase por día efectivamente traballado, perdéndose polas circunstancias seguintes:

a) A falta dunha xornada de traballo ó mes, sen causa xustificada, dará lugar á perda de 10 días de plus.

b) A falta ó traballo de 2 días ó mes, sen causa xustificada, dará lugar á perda correspondente ó plus de todo o mes.

Artigo 25º.-Licencias e permisos retribuídos.

Serán os que figuran no anexo C durante a vixencia deste convenio, onde se establecen os xustificantes que se deben aportar en cada caso.

Artigo 26º-Promoción especial.

Os auxiliares administrativos, os mozos de taller ou calquera outro mozo que leve nesta categoría máis de 5 anos na empresa, deberán ser ascendidos a oficiais ou especialistas, respectivamente, se existen tales vacantes, e de non ser así, asignaráselle-lo soldo correspondente ás ditas categorías, aínda que conserven a anterior.

Artigo 27º.-Axudas de custos por desprazamento.

Durante a vixencia deste convenio, as axudas de custos que percibirá todo o persoal desta empresa cando por motivos de traballo teña que desprazarse fóra do lugar onde radica o punto de venda, serán as seguintes: almorzo, 400 ptas.; xantar, 1.900 ptas.; cea, 1.400 ptas.; total diario, 3.700 ptas.

De haber necesidade de pernoctar fóra, o hotel xustificarase á parte coa súa correspondente factura, pero a nome da empresa. Así mesmo, é indispensable para ter dereito á axuda por almorzo pernoctar fóra o día anterior.

As axudas de custos anteriormente citadas serán incrementadas en 500 ptas. diarias cando os desprazamentos se realicen fóra da provincia de Lugo.

Artigo 28º.-Mellora económica.

Con efecto do 1 de xaneiro de 1994, establécese un incremento proporcional para o dito convenio e para tódalas categorías dun 2,5% en concepto de soldo-convenio, quedando en virtude deste acordo os salarios fixados no anexo B, como en folla adxunta se indica.

Así mesmo, no concepto de mellora voluntaria increméntase nun 2,5% en cada unha das 16 pagas e para cada un dos traballadores en cadro de persoal o día 1 de xaneiro de 1994.

Artigo 29º.-Pluses de penosidade e toxicidade.

Atendendo á súas especiais condicións de traballo, os oficiais da sección de chapa e pintura percibirán durante a vixencia do convenio 100 ptas. por día efectivo de traballo, e os mozos e aprendices destas seccións, así como os de estación de servicio, 60 ptas. por día en concepto de plus de penosidade e toxicidade. Ó dereito á percepción do dito plus extinguirase igualmente polas circunstancias e contías que se indican no artigo 24 referido ó plus de asistencia.

Artigo 30º

Polo que respecta a temas tales como garantías de representantes do persoal, novos ingresos, permisos e licencias retribuídos, permisos sen soldo, excedencias, promoción de persoal (forma de cubrir

vacantes), aplicarase o que determine a lexislación laboral, procurando sempre que nas relacións bilaterais entre a empresa e os traballadores impere sempre o sentido común e o diálogo constructivo.

Artigo 31º

Esta empresa realiza actividades comprendidas na ordenanza laboral de comercio.

ANEXO A

Calendario laboral e horarios para os anos 1994

e 1995

Acórdase establece-lo seguinte calendario laboral:

Primeiro.-Decláranse inhábiles para efectos laborais, retribuídos e non recuperables, ademais dos sábados e domingos do ano, os que figuren nos calendarios laborais dos anos 1994 e 1995, vixente na Comunidade Autónoma de Galicia e para Lugo capital, onde está radicada a empresa.

Segundo.-De luns a venres, ámbolos dous inclusive, coa xornada seguinte:

Mañá: de 9 horas de entrada a 13.30 de saída.

Tarde: de 15.30 horas de entrada a 19 horas de saída.

Élle de aplicación ó presente calendario e horario o acordo que figura no artigo 11 do presente convenio.