Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 1995 Páx. 2.766

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector da industria da ebanistería e afíns.

Visto o texto da revisión do convenio colectivo para o sector da industria da ebanistería e afíns (código 2700245) da provincia de Lugo, asinado o 6 de febreiro de 1995, polas representacións da asociación de empresarios do sector e das centrais sindicais CC.OO., UGT, CIG e USO e, de conformidade co disposto no artigo 90, apartados 2 e 3 da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da revisión do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo-Remiti-lo texto da revisión do citado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 7 de marzo de 1995.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

ACTA

Asistentes.

Pola asociación empresarial:

Ángel Herrnida Seivane.

Julio Moure López.

Manuel López Insua.

Gonzalo Expósito Chorén.

José Manuel López Barreal.

Mª José Muñoz Rodríguez.

Mª Jesús Pena Montouto.

Polas centrais sindicais:

CC.OO (2)

Miguel Mendoza Sánchez.

Emeterio Paramo Ponton.

UGT (2)

Jesús Darriba Burgo

Luis Castro Varela.

CIG (2)

Xesús A. Barreiro Núñez.

Mª Carmen Antas Pérez.

USO (1)

Jesús Cantero Pérez.

En Lugo, sendos as 18 horas do día 6 de febreiro de 1995, reúnense nos locais da CEL as persoas á marxe relacionadas, todas elas integrantes da Comisión Mixta Paritaria prevista no artigo 3 do vixente convenio colectivo da ebanistería e afíns da provincia de Lugo, co obxecto de proceder á aplicación da cláusula de revisión salarial prevista no segundo parágrafo do artigo 11, así como a elaboración da táboa salarial, que terá vixencia desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 1995, conforme o previsto no artigo 11.bis.

Despois das deliberacións pertinentes, acórdase por unanimidade aproba-la táboa salarial anexa, que entrará en vigor durante o ano 1995.

Acórdase, así mesmo, remiti-la presente acta á autoridade laboral pertinente para efectos da súa aprobación e publicación.

E non habendo máis asuntos que tratar levántase a sesión no lugar e data indicados.

Revisión convenio de ebanistería para o ano 1995

Revisión salarios 1994: 0,3%.

Táboa salarial base o 31-12-1994 (unha vez aplicada a revisión prevista no artículo 11)