Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 1995 Páx. 2.765

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4213 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Eléctrica de Valdriz, con domicilio na Coruña, en solicitude de autorización para instalar electrificación de Moscán, no concello do Páramo, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Eléctrica de Valdriz, a instalación de liña media tensión aérea a 20 kV, con conductor LA-56, con postes de formigón, derivación a C.T. Moreira, para mellora da subministración no lugar de Moscán (2ª fase), no concello do Páramo.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 24 de febreiro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo