Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 1995 Páx. 2.765

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4215 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Eléctrica de Valdriz, con domicilio na Coruña, en solicitude de autorización para instalar reelectrificación da Pobra de San Xulián-Láncara, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Eléctrica de Valdriz, a instalación de rede de baixa tensión, 380/220 V, en apoios de formigón, sección de cable 3x95 Al/54,6 e 3x50/54,6-3x25/54,6, con illamento seco de PVC-0,6/1 kV, de tipo R.Z., para mellora do servicio na Pobra de San Xulián-Láncara.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 24 de febreiro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo