Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 1995 Páx. 2.765

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4149 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), con domicilio en Lugo , en solicitude de autorización para instalar L.M.T. e C.T. para Talleres Ambla en Barcia-Muxa (Lugo), e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), a instalación de liña de media tensión a 20 kV, con apoios de formigón e torres metálicas, con conductor LA-30, cunha lonxitude de 100 metros. Centro de transformación á intemperie de 50 kVA, sobre torre metálica ó final da liña de media tensión en Lugo.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 6 de febreiro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo