Visto o expediente incoado na sección de industria desta delegación provincial por petición de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), con domicilio en Lugo, rúa Ciudade de Viveiro, 4-1º, no que solicita autorización e declaración de utilidade pública para o establecemento dunha instalación eléctrica de media tensión, e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e conforme o disposto no Real decreto 2634/1980, do 31 de xullo, sobre transferencia de competencias da Administración do Estado á Xunta de Galicia en materia de industria.
Esta delegación provincial resolveu autorizar a Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA) a instalación eléctrica que ten como características principais as seguintes: liña media tensión a 20 kV, con conductor LA-56, sobre apoios de formigón e torres metálicas cunha lonxitude de 852 metros. Centro de transformación de 50 kVA, 20.000, 380-220 V, instalado sobre torre metálica o final da liña de media tensión. Rede de baixa tensión con conductores R.Z,-25 e R.Z.-95, tensado
sobre postes de formigón. Reelectrificación da Brela no concello do Vicedo.
Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e o seu regulamento de aplicación, do 20 de outubro de 1966.
Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres o seu peticionario non conte coa aprobación do proxecto de execución, logo de cumpri-los trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro.
Lugo, 17 de xaneiro de 1995.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo