Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 1995 Páx. 2.764

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se declara de utilidade pública o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4184 A.T.).

Visto o expediente incoado na sección de industria desta delegación provincial por petición de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), con domicilio en Lugo, rúa Ciudade de Viveiro, 4-1º, no que solicita autorización e declaración de utilidade pública para o establecemento dunha instalación eléctrica de media tensión, e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e conforme o disposto no Real decreto 2634/1980, do 31 de xullo, sobre transferencia de competencias da Administración do Estado á Xunta de Galicia en materia de industria.

Esta delegación provincial resolveu autorizar a Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA) a instalación eléctrica que ten como características principais as seguintes: liña media tensión a 20 kV, con conductor LA-56, sobre apoios metálicos, cunha lonxitude de 336 metros. Centro transformación de 100 kVA, 20.000, 380-220 V. Rede de baixa tensión con conductores R.Z.-25, R.Z.-50 e R.Z.-95, con apoios de formigón, no concello de Outeiro de Rei. Reelectrificación de Taboi.

Declarar a utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e o seu regulamento de aplicación, do 20 de outubro de 1966.

Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres o seu peticionario non conte coa aprobación do proxecto de execución, logo de cumpri-los trá

mites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro.

Lugo, 17 de xaneiro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo