Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 1995 Páx. 2.763

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4187A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), con domicilio en

Lugo en solicitude de autorización para instalar L.M.T. subt. e C.T. en instituto de Castro Ribeiras de Lea (Castro de Rei), e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), a instalación de liña de media tensión subterránea a 20 kV, con cable de 1 x 95 mm Al, con designación D.H.V. 15/25 e 166 metros de lonxitude. Centro de transformación de 1 x 400 kVA 20.000±5%, 398-230 V, no concello de Castro de Rei.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 11 de xaneiro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo