Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 1995 Páx. 2.756

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 5 de agosto de 1994, da Comisión Galega do Medio Ambiente, polo que se formula declaración de impacto ambiental do estudio informativo «Vía de alta capacidad do Val Miñor», nos concellos de Vigo, Mos, Gondomar, Nigrán e Baiona (Pontevedra), promovido pola Dirección Xeral de Obras Públicas, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

O Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, establece a obriga de formular declaración de impacto ambiental, con carácter previo á resolución administrativa que se adopte para a realización, ou se é o caso, a autorización da obra, instalación ou actividade, das comprendidas no anexo da devandita disposición, entre os que se atopa o estudio informativo da «Vía de alta capacidade do Val Miñor», nos concellos de Vigo, Mos, Gondomar, Nigrán e Baiona (Pontevedra).

En virtude do establecido no artigo 5.2º do citado decreto, a Dirección Xeral de Obras Públicas, no proceso da súa tramitación, someteu, o estudio informativo da «Vía de alta capacidade do Val Miñor» que contén o estudio de impacto ambiental, a información pública. Anunciouse a súa exposición no BOE, de data 12 de agosto de 1992, e a corrección de erros no BOE do 18 de agosto de 1992.

Anunciouse tamén, a exposición pública, no Diario Oficial de Galicia do 17 de agosto de 1992, e a corrección de erros igualmente no Diario Oficial de

Galicia do 31 de agosto de 1992, así mesmo publicouse tamén no BOP de Pontevedra.

En cumprimento do artigo 36.6º do Regulamento xeral de estradas, remitíronse exemplares do estudio informativo, para os efectos oportunos, ós concellos de Vigo, Mos, Gondomar, Nigrán e Baiona, así como á Deputación Provincial de Pontevedra.

O estudio informativo da vía de alta capacidade do Val Miñor, xorde ante a necesidade, xa suscitada en 1979 e máis recentemente no Plan de Estradas de Galicia, de dar solución ós problemas de comunicación do corredor Vigo-Baiona, derivados dunha intensa carga de tráfico, onde se recollan as posibles alternativas para a conexión do Val Miñor coa rede de estradas, tanto autonómica como estatal.

Expóñense sete alternativas de trazado, actuando a primeira como soporte base sobre a que se desenvolven as diferentes variantes propostas.

A sección tipo fórmana dúas calzadas de 3,75 m cada unha e dúas beiravías de 2,50 m. As vías lentas terán un largo de 3,50 m reducindo a beiravía adxacente a 1,50 m.

ALTERNATIVA 1. Parte do Alto de Puxeiros no concello de Vigo, onde une coa estrada N-120, que na actualidade se está a transformar en autovía.

Desde este punto parte en dirección sur, bordeando a cidade universitaria pola vertente oriental para continuar cun xiro cara ó oeste e bordea-lo encoro de Zamáns polo sur, continúa con esta orientación cara ó termo municipal de Nigrán, onde xira cara ó sur e bordea o pico Castelo pola súa vertente occidental. A continuación volve dirixirse cara ó sudoeste, cruza a éstrada Ramallosa-Gondomar e o río Miñor para bordea-lo núcleo urbano de Baiona, terminando o seu percorrido ó pasar este e enlazar coa C-550. Esta mesma alternativa ten un ramal de acceso a Nigrán que comeza no pico Eiró e discorre en dirección leste, enlazando primeiro coa C-550 e posteriormente coa PO-325.

ALTERNATIVA 2. Esta alternativa parte do punto quilométrico 2+700 da alternativa 1, ó norte da cidade universitaria, e a súa diferencia coa precedente estriba en que bordea, tanto o pico de Pedra Cabalaria como o encoro de Zamáns pola súa vertente setentrional, para, tras un percorrido de 6.500 m, volver conectar coa A-1, ó oeste deste último, concretamente no punto quilométrico 9+500 da A-1.

ALTERNATIVA 3. Esta solución expón unha alternativa á A-1 para o paso do encoro de Zamáns propoñendo unha solución ó norte deste. A súa lonxitude é de 3.000 m e parte do punto quilométrico 6+800 da A-1 para enlazar de novo con ela no punto quilométrico 9+500.

ALTERNATIVA 4. A presentación desta solución é a de supera-lo sistema montañoso denominado Pico Castelo, por unha vertente diferente da A-1 (que o facía pola occidental). Neste caso, a alternativa A-4 parte do punto quilométrico 10+800 da A-1, toma dirección sur e bordea o sistema montañoso

pola súa cara oriental para, tras un percorrido de 6.000 m, enlazar coa A-1, ó sur do citado pico, no punto quilométrico 17+000.

ALTERNATIVA 5. Esta solución parte do punto quilométrico 19+800 da A-1, moi próximo ó río Miñor, no termo municipal de Gondomar, discorrendo cara a Baiona cun trazado sensiblemente paralelo á A-1, pero a unha cota moi inferior e máis próxima ó núcleo urbano de Baiona. Finaliza esta alternativa no punto quilométrico 28-200 da A-1, tras un percorrido de 9.500 m.

ALTERNATIVA 6. Esta solución, a diferencia das anteriores, non é complementaria da A-1, senón da A-2. Parte do punto quilométrico 5+300 desta última tomando dirección oeste e discorre entre o núcleo urbano da Garrida e a zona industrial situada ó sur. Tras un percorrido de 3.500 m, conecta coa A-1 no seu punto quilométrico 11+700.

A estas opcións engádese a alternativa 0, que consiste no mantemento da actual situación sen realizar ningún tipo de actuación.

Nesta fase considerouse un deseño correspondente á vía rápida cun carril por sentido, comparando entre si as diferentes alternativas, e unha vez elixida, realizar unha comparación cunba sección A-100 autoestrada. A alternativa seleccionada, en virtude de consideracións técnicas e ambientais, é a A-1, sobre a que se realiza o seguinte estudio.

ALTERNATIVA 1-A. O seu trazado responde ás características dunha autoestrada A-100 para o tramo Puxeiros-Enlace de Nigrán, cun radio de 450 e velocidade de 100 km/h, e A-80 para os ramais a Baiona e Nigrán, con radio de 250 e velocidade de 80 km/h. A pendente máxima adoptada en ramplas é do 4%, a partir do que se dispón un carril adicional para vehículos lentos (máxima absoluta 8%).

VOLUME DO MOVEMENTO DE TERRA RESULTANTE

Do resultado da información pública despréndese que se presentaron varias alegacións relativas a consideracións medioambientais, se ben a xeneralidade das alegacións presentadas, solicitan modificacións puntuais do trazado, argumentadas pola afección a predios particulares, tanto desde o punto de vista económico (remuneración das expropiacións), como no referente á perda da rendibilidade productiva,

o que supera as consideracións ambientais en virtude do interese xeral do proxecto.

Un extracto das alegacións presentadas recóllese no anexo III.

Da análise das alegacións presentadas, así como do informe técnico ó respecto elaborado, resulta que, atendendo ás características técnicas das necesidades da nova vía proxectada, tendo en conta as consideracións ambientais e sociais (preservación de enclaves de maior valor, distanciamento da vía de núcleos) introducíronse, modificacións importantes como son:

-O tramo inicial desenvolverase conforme a alternativa número 2.

-Realizar un novo punto de enlace próximo ó núcleo industrial de Vincios.

-Introduce un enlace no termo de Baiona.

-Para os efectos de termina-la vía no punto quilométrico 28 en lugar do 29, analizarase a posibilidade de dar, a este último tramo, carácter de estrada convencional.

Todas estas determinacións observaranse no correspondente proxecto de trazado.

En consecuencia, a Comisión Galega do Medio Ambiente, no exercicio das competencias que lle atribúe o Decreto 442/1990, formula a declaración de impacto ambiental do estudio informativo da vía de alta capacidade do Val Miñor (Puxeiros-Baiona), promovido pola Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

O órgano ambiental a que se refire a presente declaración é a Comisión Galega do Medio Ambiente, e o órgano Substantivo é a Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ámbalas dúas pertenecentes á Xunta de Galicia.

Declaración de impacto ambiental

1. Considerando adecuadamente tramitado o expediente de impacto ambiental sobre o estudio informativo da Vía de alta capacidade do Val Miñor, a Comisión Galega do Medio Ambiente, na súa reunión de 5 de agosto de 1994, resolve, para os ós efectos ambientais, informalo favorablemente, sempre e cando se cumpran as condicións que se establecen na presente declaración.

2. Establécense os condicionantes ambientais que se levarán a cabo unha vez redactado o proxecto de trazado, e con anterioridade á aprobación do proxecto constructivo.

2.1. Deberán introducirse e desenvolverse aquelas modificacións tecnicamente viables, resultantes do informe do proceso de información pública e do informe arqueolóxico da Consellería de Cultura.

2.2. Deberá desenvolverse, necesariamente, o Programa de Medidas Protectoras e Correctoras que se propoñen no E.I.A., modificadas segundo o indicado

no anexo I (programa que se remitirá o órgano ambiental).

2.3. Presentarase o Plan de Vixilancia Ambiental, conforme o indicado no anexo II (que se remitirá ó órgano ambiental).

3. Establécense os seguintes condicionantes para cumprir na fase de obras e fase de funcionamento.

3.1. Iniciarase o desenvolvemento do proxecto do Plan de Restauración e Recuperación do Medio Natural e Integración Paisaxística (contido no punto 2.2 desta declaración), e será preceptiva a súa completa execución antes da recepción definitiva da obra.

-3.2. Deberá desenvolverse o Plan de Vixilancia Ambiental (contido no punto 2.3).

3.3. O órgano substantivo (neste caso promotor) asumirá a responsabilidade da correcta execución do proxecto de construcción definitivamente aprobado.

3.4. O órgano ambiental da Xunta de Galicia, a Comisión Galega do Medio Ambiente, no desenvolvemento das súas funcións, poderá exercer labores de inspección ambiental e toma-las medidas pertinentes, no caso de observarse anomalía ou incorrecta execución das obras, o que lle comunicará o órgano substantivo.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 1994.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Comisión Galega do

Medio Ambiente

Visto e prace

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Presidente da Comisión Galega do Medio Ambiente

ANEXO I

Medidas correctoras

a) Solos. Características Edáficas.

a.1. Como medida dirixida a minimiza-lo impacto da nova vía sobre este elemento, derivado tanto de accións como o movemento de terras, como do propio consumo do recurso, proponse a realización de accións de recollida e tratamento do solo afectado para o seu posterior emprego en procesos de revexetación e acondicionamento paisaxístico. Estes labores de recollida de solo, realizaranse en calquera caso, baixo o estricto cumprimento das esixencias mínimas de mantemento deste recurso, é dicir:

Recolleranse e almacenaranse os solos que teñan a profundidade e textura para permitir estas labores, sendo os máis óptimos aqueles dedicados no momento actual a terreos de cultivo, pastos ou prados.

Do mesmo xeito, recolleranse tamén aqueloutros solos que pese a non estaren dedicados ós usos antes referidos, presenten profundidade suficiente, que pode estimarse en, polo menos, 30 cm de profundidade.

Este solo unha vez recollido, almacenarase en montóns non podendo supera-la altura, baixo ningún concepto, de 150 cm, co obxecto de evitar procesos

de compactación, mala aireación e a conseguinte perda das súas cualidades.

Finalmente, realizarase de forma periódica (aproximadamente cada 7-11 días), labores de mantemento como regas e remoción do material para acadar unha boa aireación.

a.2. Como medidas complementarias para a protección dos solos propóñense, ademais:

-Delimitación e definición, con anterioridade ó inicio das obras, dun plan viario e de accesos á obra, a fin de evita-la dispersión de vehículos e maquinaria de forma aleatoria pola zona, coa conseguinte invasión, compactación e destrucción dos solos adxacentes ó marco de obras.

Esta medida será especialmente estricta nos seguintes tramos do trazado:

* Entre o punto quilométrico 2+200 e o 2+500; xa que existen mámoas ó leste desta parte do trazado.

* Entre o punto quilométrico 7+600 e o 9+300; pola súa proximidade á marxe sur do encoro de Zamáns.

Entre o punto quilométrico 11+100 e o 11+400; xa que existen dúas mámoas ó sur do trazado.

* Entre o punto quilométrico 1+900 e o 12+200, xa que hai outro xacemento similar ó sur do trazado.

* Entre o punto quilométrico 19+300 e o 19+900, xa que, o trazado discorre polo bordo dun ameneiral.

* Entre o punto quilométrico 2+200 e o 3+900 do ramal de Nigrán, pola proximidade do trazado á canle do regato de Ponte Muíños.

A estes puntos do trazado engadiranse tódolos puntos de cruce dos cursos fluviais que atravesa, sen excepción de ningún tipo. Nestas zonas imposibilitarase, na medida do posible, o acceso de maquinaria a unha franxa de 10 m de largo con respecto ó bordo da canle.

-Delimitación dunha área destinada a parque de maquinaria e almacenamento de materiais, que debe situarse en espacios degradados ou de escaso valor. É dicir, non se poderá situar este espacio en ningunha das zonas antes descritas, nin en ningún outro punto situado a unha distancia menor de 200 m de calquera núcleo de poboación.

-De igual maneira, é conveniente proceder á localización nestes espacios, de contedores destinados ó vertido de materiais de refugallo tales como aceites, lubricantes, lixos, etc., de tal xeito que se evite o seu vertido incontrolado e a formación de posibles focos de contaminación.

a.3. Tratamento dos foxos.

En canto ó tratamento da vexetación dos foxos con herbicidas con vistas á súa eliminación, considérase inoportuno o uso desta técnica. Proponse a realización destes labores por medios unicamente mecánicos ou manuais, dada a importancia da rede hidrográfica e a presencia do encoro de Zamáns (de abastecemento).

a.4. Deseño dos desmontes e terrapléns.

Sempre e cando as condicións xeotécnicas de cada punto do trazado o permitan e, considerando a imposibilidade de alterar calquera dos xacementos arqueolóxicos e outros puntos antes nomeados, así como marxes ou canles fluviais e marxes do encoro; estes axustaranse ás seguintes condicións:

* A pendente máxima non poderá supera-los 40º para caso dos desmontes e os 20º para o caso de terrapléns.

Cando os desmontes superen os 8 m de altura, dividiranse en bancos de non máis desta altura, illados por bermas de, polo menos, 2 m de anchura.

b) Proxecto de restauración.

Proxecto de restauración, que se redactará e aprobará con antelación ó inicio das ditas obras, tal, e como se sinala no punto 2.2 da declaración.

Este proxecto de restauración redactarase coa finalidade de atinxi-los seguintes obxectivos.

-Restauración da productividade biolóxica dos solos.

-Reducción e control dos procesos erosivos.

-Estabilización dos terreos sen consolidar.

-Protección efectiva dos recursos hídricos.

-Integración paisaxística dos espacios modificados pola construcción da nova vía co seu contorno, o que aumentará o grao de integración da propia vía co medio que a acolle.

Para isto, neste proxecto de restauración considéranse, cando menos, os seguintes aspectos:

-Emprego dos solos previamente retirados e almacenados, xa que estes conservan sementes de especies do sotobosque local, o que permitirá conseguir unha maior diversidade nas plantacións que se van realizar, que executando unha totalmente nova.

-Os noiros e outras superficies denudadas a consecuencia da actuación, recubriranse con capas de solo, o espesor das cales oscilará entre os 20-50 cm, dependendo da súa textura, pendente, localización e especies para empregar na revexetación. En caso de necesidade recorrerase ó depósito engadido de terra vexetal, mulch, estabilizantes e fertilizantes ricos en materia orgánica.

-A selección das especies, a empregar nestas labores de revexetación, axustarase, na maior medida posible, ás contidas no inventario da vexetación presente no territorio polo que discorre esta nova vía. En todo caso, evitarase a introducción de especies de índole exótica, salvo consideracións de tipo ornamental nas áreas máis próximas ás zonas habitadas ou nos enlaces con poboacións.

-A mestura de especies herbáceas, arbustivas e arbóreas é recomendable, tanto desde un punto de vista estético como ecolóxico, e en particular, cando o soporte edáfico é de media a escasa calidade. Deste xeito acádase unha maior e máis rápida reconstrucción pedolóxica nos perfis do solo e facilita, ó mesmo

tempo, a colonización destes espacios por parte dunha microfauna e fauna variada.

-Así mesmo, esta mestura de especies ó crear unhas formacións de maior complexidade, contribúe tanto á reducción e control dos procesos erosivos, como á estabilización das superficies por elas ocupadas.

-En canto ó modelado da paisaxe vexetal a obter, a través das formacións vexetais, xa sexan arbóreas, arbustivas ou mixtas, terán formas preferentemente irregulares, de tal maneira que faciliten a integración paisaxística co contorno. Ou, no caso de que a súa función sexa a de actuar como barreira, xa sexa sónica, visual ou receptora de elementos contaminantes, tratarase de pantallas que, ben hornoxéneas ou mixtas, terán un deseño o máis acorde posible coas formas circundantes.

-Finalmente, recolleranse neste proxecto de restauración toda unha serie de medidas complementarias ás anteriores como son a instalación, tanto nas superficies para revexetar como en todas aqueloutras modificadas a consecuencia da execución do proxecto obxecto deste estudio, dun sistema de drenaxe eficaz, dirixido á recollida das augas de escorrentía superficial difusa, en cabeceira de noiros e terrapléns, e de conducción destas augas á cota inferior, mediante os axeitados sistemas de canalización para o seu posterior desaugamento nas redes naturais de drenaxe. Deste xeito poderanse controlar, tanto os procesos erosivos como os de inestabilidade, ademais de manter, na medida do posible, as liñas naturais de fluxo da escorrentía superficial no espacio afectado.

Restauración de marxes no regato de Ponte Muiños, Ramal de Nigrán.

Para contribuír á minimización dos impactos que esta vía é susceptible de xerar neste punto propóñense, en acordo co planeamento urbanístico do concello, as seguintes actuacións:

-Creación dun paseo fluvial a todo o longo do río, que se situará entre este e a nova vía. O dito paseo reunirá as seguintes características e irá acompañado das seguintes medidas complementarias:

-Se se realizase un corte desde a vía ó leito, este describiríase da forma seguinte:

3m/ 16 m/ 6 m/ 8 m/ 10 m/ 10 m/

Beirarrúa Calzadas Paseo fluvial Noiro de protección Leito Noiro de protección

-Beirarrúa, 3 m de largo.

-Ramal de Nigrán, incluídas as beiravías, 16 m de largo.

-Paseo fluvial, 6 m de largo.

-Noiro de protección, 10 m de largo. Pendente inferior a 4º.

As accións propostas neste plan para cada unha das zonas descritas é a seguinte:

1.-Beirarrúa. Plantación lineal irregular, no seu bordo externo á calzada, de arboredo e céspede. Esta plantación abranguerá unha franxa, irregular, o longo

da cal variará entre os 5-7 m, axustándose no posible á topografía da zona.

2.-Calzadas. Illamento da calzada dos fluxos das augas subterráneas e nivel freático da zona desde o punto quilométrico 2+150 ó 3+900. Isto realizarase mediante a disposición no nivel da actual cota do solo, ou actual menos un metro dunha capa de material illante totalmente impermeable.

Deseño dun sistema de recollida das augas pluviais da zona da calzada e conexión deste co sistema de depuración de augas do concello. Este sistema recollerá as augas desde, polo menos, o punto quilométrico 1 + 500 do ramal de Nigrán e, o seu deseño deberase presentar de forma conxunta co proxecto de construcción definitivo.

3.-Paseo fluvial. Plantación arbórea de alta densidade acompañada de céspede, que actuará de barreira entre este e a calzada. As especies arbóreas que se empregarán serán especies ripícolas, como por exemplo ameneiros (Alnus glutinosa), chopos (Populus nigra) ou freixos (Fraxinus angustifolia). Esta plantación de alta densidade seguirá un esquema que, aínda que lineal, será o máis irregular posible e plantarase unha mestura de especies ripícolas.

4.-Noiros de protección. Nestas zonas acometerase unha plantación de media densidade e irregular, do mesmo tipo que as anteriores, é dicir, superficie de céspede e plantación de especies arbóreas ripícolas, pero, neste caso, a especie predominante será o ameneiro (Alnu glutinosa). Polo menos un 65% dos exemplares pertencerán a esta especie.

5.-Leito. Mantemento do leito e vexetación de ribeira existente no seu estado actual.

e) Medio socieconómico.

Respecto á corrección das alteracións sobre o medio socioeconómico, establécense as seguintes medidas:

c.1. Correcta sinalización de aviso de obras e do viario alternativo, de xeito que sexa posible evita-los trastornos na circulación, xerados polas actividades constructivas da nova vía e a presencia de maquinaria pesada.

c.2. Será necesaria a utilización de camións cuba para o rego dos viais, se a fase de construcción coincide coa época estival, con de evita-lo incremento de partículas en suspensión.

c.3. Sinalización nos ramais de acceso-saída, mediante paneis informativos, dos servicios existentes nos núcleos máis ou menos próximos á vía.

c.4. Revisión do planeamento urbanístico ante as expectativas que, o funcionamento da estrada pode xerar. Convén establecer normas restrictivas.

c.5. Restauración do viario rural e construcción de pasos, de forma que se garanta una correcta accesibilidade transversal, tratando de esvae-lo efecto barreira que pode suscita-la infraestructura.

c.6. Deseño das pantallas sónicas, xa sexan vexetais ou constructivas, para aqueles puntos en que

a vía circule a menos de 100 m de núcleos e/ou as condicións xeomorfolóxicas e topográficas así o requiran.

ANEXO II

Programa de vixilancia e control

O Programa de Vixilancia Ambiental ten por función básica establecer un sistema que garanta o cumprimento das indicacións e medidas protectoras e correctoras, establecidas no estudio de impacto ambiental e na presente declaración (anexo I).

O Programa de Vixilancia e Control, partindo do feito de que moitas das medidas correctoras, minimizadoras e das recomendacións establecidas perden o seu carácter e resultan de todo punto ineficaces se non se levan á práctica do xeito adecuado, persegue os seguintes obxectivos:

En primeiro lugar, a consecución dos obxectivos fixados para evita-las consecuencias das alteracións detectadas e cualificadas como negativas e realizar un seguimento sobre a execución e funcionamento do proxecto, de tal xeito que se posibilite a detección de posibles alteracións inducidas ou derivadas, de difícil detección na fase actual (estudio informativo).

Para o logro dos obxectivos así expostos, é necesario desenvolve-los seguintes aspectos:

-Seguimento e control do cumprimento das medidas establecidas no plan de recollida e mantemento dos solos.

-Seguimento e control, de forma previa ó inicio das obras, do plan viario e de accesos á obra, así como da ou das zonas destinadas a parque de maquinaria e almacenamento de materiais propostos polo promotor.

No primeiro caso, esta zona abarcará o mínimo espacio posible, especialmente nas zonas previamente sinaladas e, no segundo, deberá situarse nun espacio de escaso valor ou en estado de clara degradación, nunca situado nas ditas zonas nin nas inmediacións de núcleos de poboación.

-Unha vez localizados no proxecto de construcción os puntos destinados a vertedoiros dos residuos, tanto orgánicos como inorgánicos, que se xeren durante o período de construcción, será necesario establecer unha vixilancia para o correcto uso destes; establecendo de igual xeito, as disposicións necesarias para asegurar que non se produzan verquidos incontrolados sobre os leitos dos rios ou sobre zonas lindantes á área de obra. Unha vez rematada a obra, procederase ó seu selado e restauración se procede.

-En principio non se considerou necesario establecer un vertedoiro de materiais sobrantes froito das accións de movemento de terras, posto que se empregarán na creación de noiros e terrapléns. Se esta circunstancia variase, será necesario establecer, de forma previa o inicio das obras, a localización dun vertedoiro destinado á acollida destes materiais que, unha vez finalizada a obra, se someterán a un proceso de restauración; ó igual que calquera posible canteira que se cree para custea-las necesidades

de áridos ou outros materiais necesarios para a construcción da nova vía.

-Plan de mantemento dos foxos e canles, limpeza e conservación destes, de maneira que cumpran dun modo correcto o seu cometido, é dicir, canaliza-las augas de escorrentía superficial e revertelas sobre os cursos naturais sen modificalos.

-Estudio detallado do nivel acústico nas zonas afectadas pola vía. Este estudio, debe realizarse en avaliación continua, como mínimo desde 1 mes antes do comezo das obras con determinacións en horario diurno e nocturno, entendendo como horario nocturno a partir das 9 da noite ata as 8 da mañá, abranguerá unha análise e determinación das superficies do territorio afectadas por niveis sonoros superiores a 40 DB(A) en horario nocturno e 55 DB(A) en horario diurno. Dependendo dos resultados obtidos, faise necesaria a argumentación de medidas correctoras puntuais dirixidas a diminuí-los ditos niveis acústicos.

-Seguimento e control da realización e posterior posta en práctica do proxecto de restauración, tanto xenérico, como do ramal de Nigrán, incluíndose baixo este epígrafe o cumprimento de tódalas prescricións contidas no dito proxecto, así como a súa correcta execución e a realización das labores de mantemento, que se levarán a cabo posteriormente, cunha periodicidade, polo menos, bianual.

O plan sinalará as circunstancias e prazos de emisión dos informes relativos ó seguimento da actuación e a vixilancia do cumprimento das condicións desta declaración.

Sen menoscabo do que determine o plan, o promotor remitirá semestralmente un informe técnico, no que se reflicta o progreso na aplicación das diversas medidas correctoras impostas. Así mesmo sinalaranse as posibles incidencias xurdidas durante o período e as accións de control desenvolvidas.