Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 1995 Páx. 2.750

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, sobre constitución e modificación das sociedades agrarias de transformación que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta secretaría xeral e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación das sociedades agrarias de transformación constituídas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e a orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 29 de abril de 1988, inscritas no rexistro de SS.AA.TT. de Galicia, así como as modificacións que se citan.

A constitución de:

A sociedade agraria de transformación Familia Martínez, S.A.T. nº 902 XUGA, de responsabilidade limitada, domiciliada en Turio-San Vicente-Vilasantar (A Coruña); obxecto social: explotación agropecuaria de terras, gando e comercialización dos seus productos; capital social: 13.000.000 de pesetas; nº de socios: 5.

A sociedade agraria de transformación Río Ulla, S.A.T. nº 903 XUGA, de responsabilidade limitada, domiciliada en Berres-A Estrada (Pontevedra); obxecto social: comercialización en conxunto dos productos hortícolas producidos nas explotacións sociais; capital social: 150.000 pesetas; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Salgado-Boimorto, S.A.T. nº 904 XUGA, de responsabilidade limitada, domiciliada en Cheda-Cardeiro-Boimorto (A Coruña); obxecto social: explotación en común de terras e gando; capital social: 900.000 pesetas; nº de socios: 3.

A modificación de:

A sociedade agraria de transformación Monte de Detrás da Cooperativa, S.A.T. nº 857 XUGA, na asemblea xeral celebrada o 17-2-1995 e por unanimidade acordan amplia-lo obxecto social da S.A.T., quedando redactado o apartado d) do artigo 2 dos estatutos sociais como segue: «Obxecto social: prestación de servicios ós socios consistentes na reorganización da propiedade das súas leiras a través da concentración parcelaria de carácter privado e realización en común da plantación e dos traballos selvícolas necesarios para poñer en producción a superficie agrupada».

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 1995.

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes