Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 1995 Páx. 2.751

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se convoca concurso público número 1/1995 para a contratación de asistencia técnica.

A Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Coruña resolve convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso:

Obxecto: contratación de asistencia técnica para a redacción dos proxectos que figuran na relación, de acordo coas bases e pregos aprobados para iso.

O orzamento, prazo de execución e clasificación dos contratistas seran os que se sinalan na relación.

Fianza provisional: exenta.

Exposición de pregos: estarán de manifesto nos servicios de Contratación e Estructuras e Desenvolvemento Rural desta delegación (edificio administrativo Monelos-praza Luis Seoane, s/n, 3º e 6º andar, A Coruña), de 9 a 14 horas, durante o prazo de presentación de proposicións.

Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE e rematará ás 12 horas do décimo quinto día hábil seguinte ó da publicación, que non cadre a sábado.

Lugar de presentación de proposicións: o rexistro da delegación provincial no lugar antes citado e na forma legalmente establecida.

Documentación a presentar polos licitadores: a que se sinala nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposición: ás 10 horas do décimo día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións, que non cadre a sábado.

Gastos de publicación: por conta dos adxudicatarios.

-Título proxecto: A.T. preparación do acordo de concentración parcelaria na zona de Rodeiro-Bandoxa (Oza dos Ríos-A Coruña). C-95010 AC-1979.

Orzamento: 15.587.137 ptas.

Prazo de execución: doce meses.

Clasificación contratistas: grupo I, subgrupo 4, categoría A.

-Título proxecto: A.T. preparación das bases definitivas de concentración parcelaria na zona de Calo (Teo-A Coruña). C-95012 BD-2058.

Orzamento: 15.653.324 ptas.

Prazo de execución: doce meses.

Clasificación contratistas: grupo I, subgrupo 4, categoría A.

-Título proxecto: A.T. preparación das bases provisionais de concentración parcelaria na zona de Loxo-Enquerentes-Fonterosas-Ribeira (Touro-A Coruña). C-95013 BP-1802.

Orzamento: 16.844.699 ptas.

Prazo de execución: doce meses.

Clasificación contratistas: grupo I, subgrupo 4, categoría A.

-Título proxecto: A.T. preparación das bases provisionais de concentración parcelaria na zona de Nebra (Porto do Son-A Coruña). C-95014 BP-1997.

Orzamento: 20.137.521 ptas.

Prazo de execución: doce meses.

Clasificación contratistas: grupo 1, subgrupo 4, categoría A.

-Título proxecto: A.T. preparación das bases provisionais de concentración parcelaria na zona de Outes-Valadares (Outes-A Coruña). C-95031 BP-1998.

Orzamento: 20.733.209 ptas.

Prazo de execución: doce meses.

Clasificación contratistas: grupo I, subgrupo 4, categoría A.

A Coruña, 31 de marzo de 1995.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña