Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 1995 Páx. 2.750

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da proposta de resolución do expediente sancionador I-128/1994 (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a proposta de resolución por infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu Regulamento do 23 de decembro.

E ós efectos previstos no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto), o denunciado poderá presentar nun prazo de quince días, as alegacións que se consideren convenientes, no Servicio de Defensa contra Incendios Forestais, sito en Cabanas-Salcedo.

Pontevedra, 27 de febreiro de 1995.

José Luis Díez Yáñez

Instructor

ANEXO

Expediente: 1-128/1994.

Denunciada: Mª Jesús Arias Rodríguez.

Último enderezo coñecido: Iglesia, 8, Arcos-Ponteareas.

Feito denunciado: abandono dun vehículo.

Precepto infrinxido: artigo 137 E) do regulamento da Lei de incendios forestais.

Precepto sancionador: artigo 139 da Lei de incendios forestais.

Sanción: 50.000.