Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 1995 Páx. 2.747

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita e se declara a súa utilidade pública. (Expediente número IN407A 95/8-3 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica de alta tensión que ten como características principais as que se sinalan a seguir:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., rúa Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Situación: Reza (Ourense).

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio no sector, segundo o Plan MEGA.

Características principais: liña aérea a 20 kV, de 645 m de lonxitude, en conductor LA-56, derivada desde o apoio número 3 da liña Pombal-Piñor, e finalizará no C.T. proxectado aéreo en Reza (Barrio da

Igrexa) con 20 kV/380-220 V e potencia 160 kVA. Redes de baixa tensión en Reza (Ourense) en conductor R.Z. de 2.657 m, para o C.T. proxectado e 2.549 m para a renovación da existente.

Orzamento: 11.925.000 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial (Curros Enríquez, 1-4º, Ourense) e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se coiden oportunas no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

Ourense, 23 de febreiro de 1995.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense