Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da entidade mercantil Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., co enderezo na rúa Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa da instalación que segue:
Liña eléctrica subterránea de media tensión a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3 (1x95) mm Al, de 145 m de lonxitude, con orixe na liña que alimente o C.T. Barreiro e remata no grupo de vivendas Pastoriza.
Centro de transformación, tipo interior, de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV. Arteixo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15071 A Coruña.
A Coruña, 22 de febrero de 1995.
Manuel Estévez Mengotti
Delegado provincial da Coruña, en funcións