Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 1995 Páx. 2.747

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 18/1995).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da entidade mercantil Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., co enderezo na rúa Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa da instalación que segue: liña eléctrica subterránea de media tensión a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x95) mm Al, de 44 m de lonxitude, con orixe na liña denominada «á Artística», expediente número 27.327, e remate no C.T. a construír na rúa de Oviedo, Meicende.

Centro de transformación aéreo de 160 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, do que parte rede de baixa tensión pousada sobre fachadas de 180 m de lonxitude. Arteixo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15701 A Coruña.

A Coruña, 22 de febreiro de 1995.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña, en funcións