Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 1995 Páx. 2.746

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 1995 pola que se anuncian, polo sistema de concurso de procedemento aberto, as obras de construcción dun centro de ensino secundario obrigatorio de 16 unidades en Laracha (A Coruña).

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso de procedemento aberto, a obra que se cita:

Construcción dun centro de ensino secundario obrigatorio de 16 unidades en Laracha, A Coruña.

Orzamento de licitación: 287.487.487 ptas. (douscentos oitenta e sete millóns catrocentas oitenta e sete mil catrocentas oitenta e sete pesetas).

Prazo de execución: 15 meses.

Clasificación requirida: grupo C, categoría E.

Exposición de proxectos: os proxectos e o prego de claúsulas administrativas particulares estarán de manifesto na Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento da secretaría xeral desta consellería, edificio administrativo, 2, San Caetano, Santiago de Compostela, durante o prazo de presentación de proposicións das dez ás catorce horas. O prego de cláusulas administrativas particulares tamén se poderá examinar nas delegacións provinciais de educación.

Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE e rematará o día 22 de abril de 1995.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela. En canto ás pro

posicións por correo, haberá que aterse ó disposto na cláusula 7.1º do prego das administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a especificada nas cláusulas 7.2, 7.3 e 7.4 do prego das administrativas particulares.

Exame da documentación: a Mesa de Contratación cualificará as documentacións presentadas e publicará a continuación, no taboleiro de anuncios desta consellería, o resultado da devandita cualificación, co fin de que se emenden, dentro do prazo que se indique os defectos materiais observados na documentación.

Apertura de proposicións: será realizada pola Mesa de Contratación ás 12 horas do día 28 de abril de 1995 na sala de xuntas desta consellería.

O importe deste anuncio correrá por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 1995.

Juan J. Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria