Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 1995 Páx. 2.748

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita e se declara a súa utilidade pública. (Expediente número IN407A 95/10-3 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, e artigo 10 do Decreto 2619/1966, ambos do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública, dunha instalación eléctrica de alta tensión, que ten como características principais as que se sinalan a seguir:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., rúa Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Situación: Rairo (Ourense).

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio no sector, segundo o Plan MEGA.

Características principais: liña aérea a 20 kV, de 759 m de lonxitude, en conductor LA-56, derivada desde o apoio número 18 da liña circunvalación de Ourense, e finalizará no proxectado apoio 9 onde a L.M.T. aérea enlaza coa L.M.T. soterrada existente que dá servicio ó C.T. Rairo.

Orzamento: 3.580.000 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial (Curros Enríquez, 1-4º, Ourense), e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se coiden oportunas, no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

Ourense, 23 de febreiro de 1995.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense