Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 1995 Páx. 2.736

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 1995 pola que se convocan varios cursos de perfeccionamento en materia de información e atención ó cidadán para o grupo E da Administración autonómica.

Dentro do programa de actividades da EGAP para 1995, e conforme as función atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, anúncianse os cursos que figuran no anexo I, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestes cursos deberá presentar, cuberta en tódolos epígrafes que lles correspondan, a instancia e o currículum segundo o modelo anexo II, especialidade e nunha soa localidade.

2. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso e á imposibilidade de participar en ningún outro curso neste ano.

3. O prazo de presentación de instancias será o que se sinala para cada curso no anexo I.

4. A dita documentación dirixirase á EGAP, polígono das Fontiñas, s/n, 15703 Santiago de Compostela, e presentarase no rexistro da EGAP ou no das delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

5. As instancias do persoal que non resulte seleccionado para asistir a estes cursos teranse en conta como solicitudes nas futuras convocatorias desta mesma materia que se publiquen no presente ano, para a mesma localidade.

Segunda.-Acceso ás actividades.

1. Poderá paticipa-lo persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos para cada curso. Nos cursos que se celebren fóra de Santiago de Compostela terá preferencia o persoal dos servicios provinciais respectivos.

2. A lista dos seleccionados publicarase no taboleiro de anuncios da EGAP, e nos das delegacións provinciais desta consellería, sen prexuízo de llelo comunicar directamente para que poidan obte-lo permiso de asistencia.

Terceira.-Certificacións de participacións.

1. É obrigatoria a asistencia a tódalas sesións dos cursos. Toda inasistencia a clase deberá ser xustificada debidamente polo interesado, sen excede-lo 15% das horas lectivas programadas para o curso:

unha inasistencia superior ó 15%, aínda que sexa xustificada, impedirá a expedición do certificado.

2. Para coñecemento e constancia no seu expediente, o interesado deberá facilitarlles unha copia ós servicios de persoal do seu centro directivo.

Cuarta.-Modificacións.

A EGAP poderá modifica-lo desenvolvemento e mailos contidos dos cursos anunciados para adaptalos ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 1995.

Jaime Rodríguez-Arana Muñoz

Director da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Curso: información e atención ó cidadán para o grupo E da Xunta de Galicia.

1. Obxectivos.

O curso ten por finalidade a mellora das relacións das administracións cos cidadáns e pretende conseguir novas pautas de comportamento dos funcionarios públicos.

2. Destinatarios.

Persoal de Administración do grupo E da Xunta de Galicia, Parlamento de Galicia, Valedor do Pobo e Consello de Contas, que teña relación co contido do curso e non teña recibido formación nesta materia.

3. Desenvolvemento.

4. Contido básico.

A relación interpersoal. Descrición e análise do proceso de comunicación. Tipos de comunicación. Obstáculos á comunicación e forma de superalos. A comunicación teléfonica. O dereito á información e atención ó cidadán. O sistema de información administrativa e atención ó cidadán na Xunta de Galicia.