Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 1995 Páx. 2.739

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 1995 pola que se convocan cursos de linguaxe administrativa galega.

Dentro do programa de actividades da EGAP para 1995, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, anúncianse os cursos que figuran no anexo I, que se deberán desenvolver conforme as seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestes cursos deberá presentar, cuberta en tódolos epígrafes que lle correspondan, a instancia e o currículum segundo o modelo anexo. Só se poderá solicitar un curso.

2. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso e á imposibilidade de participar en ningún outro curso neste ano.

3. O prazo de presentación de instancias será o que se sinala para cada curso no anexo I.

4. A dita documentación dirixirase á EGAP, polígono das Fontiñas, s/n, 15703 Santiago de Compostela, e presentaranse no rexistro da EGAP ou no das delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

5. As instancias do persoal que non resulte seleccionado para asistir a estes cursos teranse en conta como solicitudes nas futuras convocatorias desta mesma materia que se publiquen no presente ano, para a mesma localidade.

Segunda.-Acceso ás actividades.

1. Poderá participa-lo persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos para cada curso. Nos cursos que se celebren fóra de Santiago de Compostela terá preferencia o persoal dos servicios provinciais respectivos.

2. A lista dos seleccionados publicarase no taboleiro de anuncios da EGAP.

Terceira.-Asistencia, probas e certificacións.

1. É obrigatoria a asistencia a tódalas sesións dos cursos. Toda inasistencia a clase deberá ser xustificada debidamente polo interesado, sen excede-lo 15% das horas lectivas programadas para o curso; unha inasistencia superior ó 15%, aínda que sexa xustificada, dará lugar á baixa no curso.

2. Ós asistentes que superen as probas que determine a EGAP outorgaráselles un certificado de aproveitamento.

3. Para coñecemento e constancia no seu expediente, o interesado deberá facilitarlles unha copia ós servicios de persoal do seu centro directivo.

Cuarta.-Modificacións.

A EGAP poderá modifica-lo desenvolvemento e mailos contidos dos cursos anunciados para adap-

talos ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 1995.

Jaime Rodríguez-Arana Muñoz

Director da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Curso: linguaxe administrativa galega para os grupos A e B da Administración autonómica.

1. Obxectivos: o curso ten por obxectivo a aprendizaxe e perfeccionamento da lingua galega e, especialmente, da linguaxe administrativa.

2. Destinatarios: persoal da Administración dos grupos A e B da Xunta de Galicia, Parlamento de Galicia, Valedor do Pobo e Consello de Contas, que estean en posesión do certificado de perfeccionamento da lingua galega, circunstancia que terán que acreditar no momento de solicitaren o curso.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 40 horas.

3.2. Lugares e datas:

3.3. Horarios: lunes, martes e xoves das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 25.

4. Contido:

Módulo I. A linguaxe administrativa.

Módulo II. A linguaxe administrativa galega.

Módulo III. O estudio de documentos administrativos.

Curso: linguaxe administrativa galega para os grupos C e D da Administración autonómica.

1. Obxectivos: o curso ten por obxectivo a aprendizaxe e perfeccionamento da lingua galega e, especialmente, da linguaxe administrativa.

2. Destinatarios: este curso vai dirixido ó persoal funcionario dos grupos C e D da Xunta de Galicia, Parlamento de Galicia, Valedor do Pobo e Consello de Contas, que estean en posesión do certificado de perfeccionamento da lingua galega, circunstancia que terán que acreditar no momento de solicitaren o curso.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 40 horas.

3.2. Lugares e datas:

3.3. Horarios: luns, martes e xoves das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 25.

4. Contido:

Módulo I. A linguaxe administrativa.

Módulo II. A linguaxe administrativa galega.

Módulo III. O estudio de documentos administrativos.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E

VIVENDA