Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 1995 Páx. 2.731

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo da revisión salarial do convenio colectivo do sector dos derivados do cemento.

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo dos derivados do cemento, que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 3-3-1995, subscrito en representación da parte económica polos fabricantes de derivados do cemento e da parte social por UGT, CC.OO. e CIG, o día 6-2-1995, de conformidade co disposto no xa citado corpo legal, artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo,

do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa publicación no libro de Rexistro de Convenios Colectivos de Traballo, que figura nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 6 de marzo de 1995.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña