Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 07 de abril de 1995 Páx. 2.711

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTECESURES

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto de urbanización da unidade de actuación número 2 das N.S.M.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, en sesión do día 20 de marzo de 1995, o proxecto de urbanización da unidade de actuación número 2 das normas subsidiarias de planeamento municipal, redactado por Ricardo Aguilar Argenti, promovido por Constantino Talbo Tojo, en representación da Xunta de Compensación da citada unidade de actuación número 2, exponse ó público polo prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que de conformidade co disposto no artigo 117 da Ley sobre o réxime do solo e ordenación urbana, poida ser examinado e presenta-las alegacións procedentes.

Pontecesures, 29 de marzo de 1995.

José Piñeiro Ares

Alcalde