Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 07 de abril de 1995 Páx. 2.712

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

APROBACIÓN inicial da modificación puntual das determinacións do plan xeral e do programa de actuación urbanística do SUNP-6 en San Lázaro.

O Pleno do Concello, en sesión do 24 de febreiro pasado, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual das determinacións do plan xeral de ordenación urbana e o programa de actuación urbanística no sector SUNP-6 en San Lázaro.

Os expedientes expóñense ó público no negociado de planeamento e xestión do concello, polo prazo dun mes con inserción de anuncios no DOG, BOP e prensa. O prazo enténdese aberto desde o día da publicación do primeiro anuncio ata que pase un mes desde o día no que se publique o derradeiro.

Como consecuencia dos acordos citados, e en exercicio do que dispón o artigo 102 do Real decreto

lexislativo 1/1992, acordouse tamén a suspensión polo prazo máximo de dous anos do outorgamento de licencias para parcelacións, edificacións e derrubas no ámbito afectado. Os lindes do ámbito de suspensión de licencias son os seguintes:

Norte: rúa de San Lázaro (estrada N-643).

Sur: Avda. de Fernando de Casas Novoa.

Leste: Avda. de Gonzalo Torrente Ballester.

Oeste: casas números 64, 66, 68, 70, 72 e 74 da rúa de San Lázaro.

Contra o acordo de suspensión do outorgamento de licencias pódese interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde a publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 1995.

P.D.

Pedro A. Fernández Fernández

Concelleiro delegado de Urbanismo