Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 07 de abril de 1995 Páx. 2.711

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia o concurso público dunha subministración de 400.000 tarxetas sanitarias para o servicio de implantación da tarxeta sanitaria, dentro do Programa de Tarxeta Sanitaria.

Obxecto e orzamento: subministración de 400.000 tarxetas sanitarias para o servicio de implantación da tarxeta sanitaria, dentro do Programa de Tarxeta Sanitaria por un orzamento máximo de 25.000.000 de ptas.

Prazo de execución: o bens obxecto do presente concurso público deberán ser entregados dentro do prazo que se fixa no apartado segundo da folla de especificacións. No caso de que a subministración deba prestarse mediante entregas sucesivas de bens, os prazos en que estas deben realizarse son os previstos no anexo I.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Dirección Xeral de Organización Sanitaria, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

Fianzas: o 2% do orzamento de licitación (500.000 ptas.), que se constituirá segundo o disposto no artigo

112 da Lei de contratos do Estado e 340 do seu regulamento. Constitución de fianza definitiva segundo o disposto no punto 12.2º do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

Clasificación: non se esixe.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da consellería/Sergas, antes das 14 horas do vixésimo día hábil, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do RXCE.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada por la Mesa de Contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da consellería, ás 10 horas do décimo primeiro día natural, contado a pailir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 1995.

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos