Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 07 de abril de 1995 Páx. 2.659

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 6 de abril de 1995 pola que se dictan normas para garanti-los servicios esenciais durante a folga xeral convocada para o día 7 de abril de 1995 nos concellos de Padrón, Rois e Dodro da provincia da Coruña e Pontecesures e Valga da provincia de Pontevedra.

Ó exercicio do dereito de folga queda condicionado 6 mantemento dos servicios esenciais definidos no artigo 2º do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG nº 116, do 20).

Ó artigo 3 do devandito decreto faculta os conselleiros competentes por razón dos servicios esenciais afectados para que, mediante orde e ante cada situación de folga determinen o mínimo de actividade necesaria para asegura-lo mantemento de tales servicios, e o persoal preciso para prestalos.

As centrais sindicais Comisións Obreiras de Galicia e Unión Xeral de Traballadores de Galicia, en escrito de data 28 de marzo de 1995, comunican a convocatoria de folga xeral para a xornada do día 7 de abril de 1995, entre as 0,00 e as 24 horas do mesmo día, que afectará as comarcas do Sar e do Ulla e os concellos de Padrón, Rois e Dodro da provincia da Coruña e Pontecesures e Valga da provincia de Pontevedra.

Ante o carácter de folga xeral que pode afectar a todo o persoal da Administración autonómica, semella o máis axeitado regula-los servicios mínimos mediante unha única norma de aplicabilidade a tódolos centros, dependencias e servicios dela.

A necesaria conciliación entre o exercicio do dereito constitucional de folga e o mantemento dos servicios esenciais obriga a Administración autonómica, de acordo coa normativa vixente, a fixar uns servicios mínimos indispensables para o funcionamento dos devanditos servicios esenciais que se concretan e xustifican na presente orde.

Así pois, establécense servicios mínimos respecto a sectores e actividades dos que a súa regulación é competencia dalgunha das consellerías da Xunta de Galicia e que poden afecta-lo desenvolvemento ordinario da actividade cidadá.

Na Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, xúlgase necesario fixar servicios mínimos que cubran a área de transporte, e nese sentido o Decreto 61/1985, do 18 de abril, dispón que deberán manterse os servicios de transporte de

estudiantes e escolares na súa integridade e os dos obreiros que se presten antes das 9 e despois das 18 horas.

No tocante ós servicios de transporte de carácter concesional en sentido estricto (servicios regulares de uso xeral), establécense soamente servicios mínimos respecto das expedicións que teñen a súa orixe ou destino nas sete grandes cidades de Galicia e cun itinerario que non exceda de 25 quilómetros, ou ben que teñan a dita orixe ou destino en cidades de máis de 50.000 habitantes.

O dereito á educación é un dereito de carácter social, e por tanto reclama dos poderes públicos as accións positivas necesarias para que poida ser levado a cabo en igualdade de tódolos que se encontran en calquera dos niveis formativos e en calquera tipo de centro.

Por outra parte, a especial problemática de Galicia, coa maior porcentaxe de alumnos transportados e facendo uso dos comedores escolares ou o bo número de internados da nosa Comunidade Autónoma non poden quedar paralizados no seu funcionamento como consecuencia do dereito constitucional de folga.

Sinálanse por iso os servicios mínimos necesarios para manter en funcionamento os comedores escolares, a limpeza dos centros e un mínimo de vixilancia e atención para os alumnos que poidan acudir ós centros, xa que a maioría deles son menores de 18 anos e moitos deles con idades comprendidas entre os 3 e os 14 anos.

Os centros de educación especial necesitan, polas características dos seus alumnos, un maior coidado e asistencia e é por iso polo que cómpre a asistencia do maior número de persoal, como coidadores, persoal médico, etc.

Polo que atinxe ós servicios dependentes da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes establécense servicios mínimos de acordo coas seguintes circunstancias:

No Servicio de Defensa contra Incendios Forestais, a imprevisibilidade do feito causante da prestación do servicio esencial de vixilancia e extinción de incendios e a indeterminabilidade das súas consecuencias en canto a vidas e facendas, ante o que sería de aplicación plenamente e sen posibilidade ningunha de restricción o principio de que a seguridade e o benestar da poboación debe primar sobre outros dereitos, fai necesaria a dispoñibilidade dos efectivos existentes.

No Servicio de Medio Ambiente Natural establécense servicios mínimos para realiza-las funcións de vixilancia de bens públicos.

Fíxanse igualmente servicios mínimos nalgunhas dependencias da consellería situadas nas comarcas afectadas pola convocatoria de folga xeral.

A importancia do control sanitario de animais en feiras e mercados, así como en calquera outro tipo de concentración de gando e movementos pecuarios, aconsella establece-los servicios mínimos que exerzan o control das condicións epizootiolóxicas sanitarias.

No referente ós servicios dependentes da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e co fin de garanti-lo dereito constitucional de protección da saúde e dos intereses dos cidadáns que lle corresponde tutelar á consellería, fíxanse os servicios mínimos dedicados a estes fins na área preventiva e asistencial.

Na parcela correspondente ó Servicio Galego de Saúde e dentro do ámbito da atención primaria, o persoal sinalado para cubri-los servicios mínimos e o imprescindible para asumi-la mesma asistencia que lle queda garantida ó beneficiario nun día festivo. Neste caso non se axusta ó cadro de persoal dun festivo, xa que en días festivos o servicio normal de urxencias permanece aberto as 24 horas, cousa que non sucede no día sinalado para a convocatoria de folga xeral. Por este motivo, a porcentaxe de traballadores é maior ó dun día festivo, pero soamente na proporción imprescindible para cubri-la asistencia que un día festivo, quedaría a cargo do servicio normal de urxencias. Todo iso co fin de asegurarlle ó beneficiario a atención urxente, tanto polo inicio dun proceso de mobilidade como por tratamentos que non se poidan demorar ou interromper.

En consecuencia, e de acordo co establecido no parágrafo 5º.2 do Regulamento de réxime interior da Xunta de Galicia, aprobado por Decreto 111/1984, do 25 de maio, e por proposta das consellerías de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Educación e Ordenación Universitaria, Agricultura, Gandería e Montes e Sanidade e Servicios Sociais e oído o comité de folga,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Con carácter xeral o mínimo de actividade e o persoal preciso para asegura-lo mantemento dos servicios esenciais durante a folga convocada con carácter xeral para o día 7 de abril de 1995, nos concellos de Padrón, Rois, Dodro, Pontecesures e Valga, é o seguinte:

1. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

1.A. Servicios mínimos de transportes.

-Servicios regulares de uso xeral.

A concesión V: 3263:XG-363 de Autos Baleirón, S.A.

Rois-Santiago. Saídas de Rois: 7,00 e 20,00 horas.

Santiago-Rois. Saídas de Santiago: 8,00 e 21 horas.

-Servicios regulares de uso especial para transportes de obreiros:

Tódolos servicios en expedicións anteriores ás 9 horas e posteriores ás 18 horas.

-Servicios regulares de uso especial para transporte de estudiantes:

Deberán manterse tódolos servicios de transporte de escolares e de estudiantes na súa integridade.

2. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2. A. En centros escolares dependentes da consellería.

-O director e un subalterno en cada centro escolar para garanti-la súa apertura e o seu funcionamento mínimo na medida na que asistan alumnos ou traballadores.

-O 50% do persoal de comedores e do persoal docente encargado deles nos centros de educación básica con servicio de comedor para atende-los alumnos que non poidan regresar para comer nos seus domicilios.

-O 50% do persoal de comedores, limpeza e subalternos nas escolas fogar e centros residenciais docentes, para atende-los alumnos que pernocten neles.

-A totalidade do persoal de comedores, ATS, limpeza, coidadores e personal médico dos centros de educación especial para garanti-la asistencia ó especial colectivo ó que atenden.

3. Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

3.A. Servicio de Defensa contra Incendios Forestais.

-Un axente na zona de Padrón.

-Persoal contratado para a execución do Plan de Defensa contra Incendios Forestais (INFOGA): na zona de Padrón:

-Unha brigada.

-Un vixilante.

-Un conductor.

No suposto de que durante o día de folga se producisen incendios que, a xuízo dos responsables do servicio, obrigasen a adoptar medidas complementarias ás adoptadas co persoal previsto como mínimo, este poderá elevarse ata o 100% do persoal contratado.

3.B. Servicio de Medio Ambiente Natural.

-Un axente forestal nos concellos de Padrón, Rois e Dodro.

-Un axente forestal nos concellos de Pontecesures e Valga.

3.C. Axencia do Servicio de Extensión Agraria de Padrón.

-Un funcionario.

3.D. Granxa cinexética de Dodro.

-Un encargado.

3.E. Servicios veterinarios propios desta consellería.

-Un veterinario oficial na comarca de Padrón.

4. Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

4.A. Sanitarios locais.

Verbo do persoal funcionario afectado pola Lei 17/1989, garántense os servicios cos seguintes mínimos por cada concello:

-Un médico.

-Un farmacéutico.

-Un axudante técnico sanitario.

-Unha matrona.

4.B. Servicio Galego de Saúde.

C.A.P. nº 5.-Santiago de Compostela:

-Padrón:

Un médico xeneralista.

Un pediatra.

Un axudante técnico sanitario.

-Rois:

Un médico xeneralista.

Un pediatra.

Un axudante técnico sanitario.

-Dodro:

Un médico xeneralista.

Un axudante técnico sanitario.

C.A.P. Área norte de Pontevedra.

-Valga (quenda de 8,00 a 15,00 horas).

Un médico xeneralista.

Un pediatra.

Un axudante técnico sanitario.

Un auxiliar administrativo.

-Pontecesures (quenda de 8,00 a 15,00 horas).

Un médico xeneralista.

Un axudante técnico sanitario.

-Valga-Pontecesures (quenda de 15,00 a 24,00 horas).

Un médico xeneralista.

Un axudante técnico sanitario.

Artigo 2º

O persoal que debe presta-los servicios mínimos establecidos no artigo anterior será destinado polos directores dos centros nos que prestan os seus servicios nos supostos relativos ás consellerías de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Educación e Ordenación Universitaria e Agricultura, Gandería e Montes, e polos directores xerentes do centro de gasto ó que pertenzan no suposto da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais-Servicio Galego de Saúde, publicándose os nomes dos designados nos taboleiros de anuncios dos respectivos centros de traballo.

Artigo 3º

O incumprimento da obriga de atende-los servicios mínimos fixados nesta orde será sancionado de conformidade coa lexislación vixente aplicable ós diversos colectivos.

Artigo 4º

O disposto na presente orde non suporá ningunha limitación dos dereitos que a normativa reguladora

da folga lle recoñece ó persoal na dita situación.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública