Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 07 de abril de 1995 Páx. 2.661

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 1995, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración das listas reguladas no Decreto 252/1992, do 30 de xullo.

Convocada, con base no Decreto 252/1992, do 30 de xullo, a elaboración de listas con aquelas persoas interesadas na cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo na Administración da Xunta de Galicia cando a súa cobertura se considere de urxente necesidade, por Resolución do 10 de novembro de 1993 (DOG nº 222, do 18 de novembro), debido ó esgotamento das listas correspondentes ás categorías de xefe/a de cociña (grupo III, categoría 14), oficial 1ª cociña, oficial 1ª cociñeiro/a, xefe/a de cociña 2ª, cociñeiro/a 1ª (grupo III, categoría 65), oficial 2ª cociña, cociñeiro/a oficial 2ª (grupo IV, categoría 5) e unha vez reclamado o informe pertinente da comisión persoal, esta dirección xeral resolve realiza-la presente convocatoria:

Obxecto

Base 1ª.

0 obxecto da presente convocatoria é a elaboración das listas relativas ás categorías de xefe/a de cociña (grupo III, categoría 14), oficial 1ª cociña, oficial 1ª cociñeiro/a, xefe/a de cociña 2ª, cociñeiro/a 1ª (grupo III, categoría 65), oficial 2ª cociña, cociñeiro/a oficial 2ª (grupo IV, categoría 5), con aquelas persoas interesadas na súa cobertura, con carácter temporal, e cando esta se considere de urxente necesidade.

Os grupos e categorías ós que se fai referencia son os contidos no III convenio colectivo único para persoal laboral da Xunta de Galicia.

Base 2ª.

Elaboraranse listas provinciais para as categorías 14 e 65 do grupo III e listas de agrupación de municipios para a categoría 5 do grupo IV.

As agrupacións de municipios veñen reflectidas no anexo V da presente convocatoria.

Base 3ª.

As solicitudes que presenten os interesados para a súa inclusión na correspondente lista dirixiranse ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública e axustaranse ó modelo que se publica como anexo II desta convocatoria.

3.1. O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días contados desde a publicación da presente convocatoria no DOG e poderanse presentar no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nas súas delegacións provinciais, nas oficinas comarcais da Consellería da Presidencia e Administración Pública, así como nos lugares previstos no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3.2. Cada interesado só poderá presentar solicitude para ser incluído nunha lista concreta e referida a un ámbito territorial determinado.

3.3. Para poder participar na presente convocatoria os aspirantes deberán aboar, conforme o modelo que figura no anexo IV, en concepto de taxas as seguintes cantidades:

-Grupo III: 6.490 pesetas.

-Grupo IV: 5.410 pesetas.

Os modelos correspondentes ó anexo IV facilitaranse nas dependencias da Administración da Xunta de Galicia relacionadas na base 3.1, nos que se fará consta-la clave 30.03.00.

Base 4ª.

Os solicitantes deberán reuni-los requisitos que, para cada grupo e categoría, se determinan no anexo I. Os citados requisitos deberán reunirse o último día do prazo para a presentación de solicitude.

4.1. Así mesmo deberá acreditarse:

-Ser español.

-Ter feitos os 18 anos.

-Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

-Non estar separado do servicio de ningunha administración pública en virtude de expediente disciplinario nin inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

Documentación

Base 5ª.

Os méritos que invoquen os interesados e, que, de acordo co baremo que figura com anexo III-B da presente convocatoria, desexen que se lles teña en conta, así como o cumprimento dos requisitos esixidos para o grupo e categoría que se solicite, acreditaranse debidamente mediante documentos orixinais ou fotocopias que se presentarán cotexadas fidedignamente, debendo figurar e numerarse de acordo co modelo do anexo III-A da presente convocatoria, significando que non se valorarán aqueles méritos que a comisión permanente de selección para postos de persoal laboral considere que non estiveran suficientemente acreditados.

-Non obstante o anterior, os méritos a que se refire o apartado b) do anexo III-B acreditaranse mediante certificación xustificativa que deberá ser emitida polos órganos de xestión de persoal respectivos. Así

mesmo xuntaranse, no suposto do apartado c) do citado anexo, fotocopias cotexadas dos contratos respectivos e do documento de cotización á Seguridade Social.

Elaboración das listas

Base 6ª.

A comisión permanente de selección para postos de persoal laboral, á que se refire o artigo 5 do Decreto 252/1992, do 30 de xullo, e que ten a categoría de 1ª, será a encargada de elabora-las listas correspondentes. A petición da comisión permanente, e cando o número de aspirantes así o fagan aconsellable, poderán nomearse comisións colaboradoras, e a súa función será participar na aplicación do baremo ós méritos alegados polos interesados.

6.1. Para a elaboración de tales listas, a comisión permanente de selección seguirá os criterios e o baremo que figura como anexo II da presente convocatoria.

6.2. De acordo co establecido no artigo 4.1º do Decreto 252/1992, a comisión permanente de selección poderá fixar un número máximo de compoñentes de cada lista cando, polo número de instancias presentadas e o número de vacantes que se prevexa que poidan producirse, aquel pareza suficiente.

6.3. Excepcionalmente, para as categorías que así se especifiquen no anexo I, podería esixírselles ós aspirantes a realización dunha proba práctica sobre as funcións propias das categorías, sendo necesaria a calificación de apto para ser contratado, todo iso a teor do disposto no artigo 13 do citado Decreto 252/1992.

6.4. Unha vez elaboradas as listas serán expostas nos taboleiros de anuncios do Servicio de Información Administrativa nos servicios centrais da Xunta de Galicia, nos das respectivas delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nas correspondentes oficinas comarcais desta consellería en servicios periféricos.

Disposición transitoria

En aplicación do artigo único do Decreto 116/1993, do 3 de xuño, polo que se modifica a D.T. do Decreto 252/1992, e, concretamente, polo que se refire ó disposto no punto b) do artigo 12 do Decreto 252/1992, por non ter rematado os procesos selectivos en curso, poderá alterarse de oficio en canto sexa posible a aplicación do punto a) do citado artigo.

Disposición adicional

De acordo co previsto no artigo 5.5º e concordantes do Decreto 252/1992, as distintas delegacións provinciais, antes de solicita-la designación do traballador correspondente para cubri-la oportuna praza, deberán contar coa autorización expresa da secretaría xeral respectiva, que se lle xuntará á correspondente solicitude.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 1995.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO III-A

Para os efectos do baremo aplicable para a elaboración das listas para a cobertura de postos con carácter temporal, acredita os méritos que a seguir se especifican, achegando a documentación xustificativa deles.

1. Servicios prestados na Administración da Xunta de Galicia na categoría de :

Anos , meses , días .

2. Servicios prestados noutras administracións públicas referidos ós últimos cinco anos, na categoría de :

Anos , meses , días .

3. Servicios prestados na empresa privada referidos ós últimos cinco anos, na categoría de :

Anos , meses , días .

4. Cursos de formación ou perfeccionamento, realizados con aproveitamento, impartidos polas administracións públicas, universidade ou INEM e relacionados coas funcións propias da categoría:

Denominación do cursoOrganismo que o impartiu

5. Título/s académico/s que posúe:

5.1. Requirido na convocatoria:

Denominación

Centro de expedición:

Data

5.2. Outro/s título/s:

DenominaciónCentro de expediciónData

6. Grao de coñecemento do idioma galego (cursos ou titulacións homologados pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria):

Sinalar cun X: iniciación , perfeccionamento .

7. Tempo acreditado como demandante de emprego:

Anos , meses , días .

, de de 199 .

ANEXO III-B

a) Servicios prestados na Xunta de Galicia na mesma categoría á que se pretende acceder: 0,15 puntos/mes.

b) Por cada mes de servicios prestados noutras administracións públicas na mesma categoría e referidos ós últimos 5 anos: 0,10 puntos/mes.

c) Por cada mes de servicios prestados nas empresas privadas na mesma categoría e referidos ós últimos 5 anos: 0,05 puntos/mes.

A suma da puntuación dos puntos a), b) e c) non poderá exceder de 5 puntos.

d) Por cada curso de formación ou perfeccionamento realizado con aproveitamento impartido polas administracións públicas, universidade, ou INEM e relacionado coas funcións propias da categoría (máximo 2 puntos): 0,20 puntos/curso.

e) Por posuír unha titulación académica distinta e independente da requirida na convocatoria como requisito imprescindible para o acceso:

-Título de doutor: 2 puntos.

-Título de licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente: 1,50 puntos.

-Título de enxeñeiro técnico, diplomado universitario, arquitecto técnico ou equivalente: 1 puntos.

-Título de bacharelato superior, formación profesional de 2º grao ou equivalente: 0,50 puntos.

-Graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente: 0,25 puntos.

Só se computará a titulación de máis nivel dos alegados.

f) Polo coñecemento acreditado do idioma galego (só se valorará o grao superior alegado).

-En grao de iniciación: 0,50 puntos.

-En grao de perfeccionamento: 0,75 puntos.

Só se concederá validez, polo que á acreditación do galego se refire, ós cursos ou titulacións homologadas pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

g) Por cada mes acreditado como demandante de emprego (máximo 1 punto): 0,01 puntos/mes.

De producirse empate na puntuación, acudirase para dirimilo á outorgada polos méritos alegados segundo a orde establecida no presente anexo.

De persisti-lo empate, resolverase a favor da primeira letra do primeiro apelido, segundo a orde do alfabeto.

Este baremo alterarase nas mesmas condicións nas que, se é o caso, se altere o regulado no artigo 12 b) do Decreto 252/1992.