Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 07 de abril de 1995 Páx. 2.658

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 1 de marzo de 1995 pola que se clasifican postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Polo Decreto 359/1994, do 2 de decembro (DOG nº 240, do 15 de decembro), apróbase a agrupación dos concellos da Pobra de Tnives e de Río para o sostemento en común dun posto único de secretaría.

Sendo necesario clasifica-lo posto resultante da devandita agrupación de concellos, a Consellería da Presidencia e Administración Pública, de acordo co establecido nos artigos 2, 9 e na disposición adicional segunda do Real decreto 1732/1994, do 29

de xullo, e no uso das facultades que lle confire o Decreto 216/1994, do 15 de decembro,

DISPÓN:

Clasifica-lo posto de secretaría da agrupación Trives-Río, provincia de Ourense, en clase 3ª, subescala secretaría-intervención.

Contra a presente orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública