Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 06 de abril de 1995 Páx. 2.654

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A Corporación Municipal, na súa sesión plenaria celebrada o día 7 de febreiro de 1995, adoptou o seguinte acordo:

«Aprobar, con carácter inicial, o estudio de detalle das parcelas M-4, M-5, M-6 e M-7 da unidade de actuación número 66, presentado pola xunta de compensación da citada unidade e redactado polo arquitecto Jacobo Rodríguez-Losada Allende, sendo o seu obxecto a ordenación de volumes nas parcelas indicadas de acordo co establecido no punto 1.3.1 do estudio de detalle xeral da unidade, cunha modificación no cadro recollido no punto 8 no que se refire á altura máxima, considerándose «AT» como o baixo cuberta autorizado polas determinacións do PXOU».

No prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poderá ser examinado o expediente nas oficinas municipais e presentarse as alegacións que se consideren oportunas.

Culleredo, 16 de febreiro de 1995.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde