Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 06 de abril de 1995 Páx. 2.653

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO de información pública de proxecto de expropiación.

O Pleno da Corporación, na súa sesión do día vintetrés de febreiro do ano en que andamos, acordou aproba-lo proxecto de expropiación para obtención de dotacións locais no Temple.

O proxecto exponse á información pública durante o prazo de un mes, que comezará a contar do día seguinte ó da última inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, BOP e no xornal La Voz de Galicia, co fin de que os interesados poidan presenta-las observacións e reclamacións que coiden convenintes, de conformidade co establecido no artigo 219.2º do texto refundido da Lei do solo, do 26 de xuño de 1992.

Lugar de exposición: Unidade Xurídica de Urbanismo e Persoal.

Horario: 9.30 horas a 13.30 horas.

Cambre, 8 de marzo de 1995.

O alcalde

Rubricado