Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 06 de abril de 1995 Páx. 2.654

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A Corporación Municipal, en sesión plenaria celebrada o día 7 de febreiro de 1995, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar, con carácter inicial, o proxecto de urbanización do ámbito do P.P. aprobado para parte da área 2 de SUNP en Laxe-Rutis, promovido pola sociedade Ultreya, S.C., como propietaria única dos terreos, e redactado pola arquitecta Mónica Mesejo Conde, sendo o seu orzamento de contrata 95.120.374 ptas.

Durante un prazo de 15 días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poderá ser examinado o expediente e formularse as alegacións que se consideren pertinentes.

Culleredo, 22 de febreiro de 1995.

Julio Sancristán de Diego

Alcalde