Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 06 de abril de 1995 Páx. 2.652

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, pola que se fai pública a adxudicación dun contrato de subministración polo sistema de contratación directa.

En cumprimento do disposto nos artigos 38 da Lei de contratos do Estado e 119 do seu regulamento, faise pública a adxudicación do seguinte contrato:

Título: adquisición de carteis e trípticos informativos para os concursos, certames e mostras Xuventude-95.

Adxudicatario: Alva Gráfica, S.L.

Orzamento de adxudicación: 1.417.044 ptas.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 1995.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude