Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 06 de abril de 1995 Páx. 2.653

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ESCOLA GALEGA DA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 1995 pola que se fai pública a adxudicación do concurso público para contrata-lo servicio de vixilancia e axuda no seu edificio administrativo sito no polígono das Fontiñas, en Santiago de Compostela.

Por resolución do director da Escola Galega de Administración Pública do 9 de xaneiro de 1995 (DOG nº 13, do 19 de xaneiro) foi convocado concurso público para contrata-lo servicio de vixilancia e axuda no seu edificio administrativo.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, e por proposta da Mesa de Contratación constituída para o efecto, o director da escola resolveu adxudicarlle o devandito contrato á empresa Grupo CETSSA, polo importe de 19.246.517 ptas., IVE incluído.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 38 da L.C.E. e no artigo 119 do seu regulamento.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 1995.

Jaime Rodríguez-Arana Muñoz

Director da Escola Galega de Administración Pública