Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 06 de abril de 1995 Páx. 2.652

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Faimilia, Muller e Xuventude, pola que se anuncia concurso para a contratación directa da asistencia técnica ó programa Rotas dos encoros-95.

Esta secretaría xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-lo concurso para a contratación directa da seguinte asistencia técnica:

Obxecto do contrato: asistencia técnica para a realización e desenvolvemento do programa Rotas dos Encoros-95.

Orzamento: 4.250 ptas./praza para o Programa I. 2.900 ptas./praza para o Programa II, rapaces menores de 14 anos. 3.100 ptas./praza para o Programa II, rapaces maiores de 14 anos.

Prazo de execución: do 1 de maio ó 30 de setembro de 1995.

O prego de cláusulas administrativas e o de prescricións técnicas estarán á disposición dos interesados nas dependencias da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, Dirección Xeral de Xuventude, edificio administrativo de San Caetano, bloque 3º, 1º piso, Santiago de Compostela.

As proposicións presentaranse segundo modelo oficial no rexistro xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude ou no xeito que dispón o artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, no prazo dos dez (10) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 1995.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia, Muller

e Xuventude