Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 06 de abril de 1995 Páx. 2.652

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 1995, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Coruña, pola que se anuncia a aprobación do acordo de concentración da zona de Arzúa-A Mella-Viladavil (Arzúa-A Coruña).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parelaria da zona de Arzúa-A Mella-Viladavil (Arzúa-A Coruña), declarada de utilidade pública e de urxente execución polo Decreto 3337/1977, do 1 de decembro (DOG nº 1, do 2 de xaneiro de 1978), os extremos seguintes:

Primeiro.-O acordo de concentración parcelaria da zona de Arzúa-A Mella-Viladavil (Arzúa-A Coruña) foi aprobado pola Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural con data 3 de marzo de 1995, unha vez modificado o proxecto á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público no Concello de Arzúa e nos lugares de costume da parroquia durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte ó da última publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Terceiro.-No meritado prazo de trinta días, cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, podendo os recorrentes presenta-lo recurso na Xefatura do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural (edificio administrativo de Monelos, s/n, 6ª planta, A Coruña), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expresando no escrito un domicilio dentro do concello para facérlle-las notificacións que procedan.

Notifícase, por último, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser obxecto de recurso de alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases, segundo preceptúan os artigos 40 e 41 da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia.

A Coruña, 20 de marzo de 1995.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Xefe do Servicio de Estructuras

e Desenvolvemento Rural da Coruña