Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 06 de abril de 1995 Páx. 2.649

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (118/1992).

Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, fai saber, que neste xulgado do meu cargo se seguen autos

de executivo outros títulos número 00118/1992, seguidos por instancia de Banco Central Hispanoamericano, S.A., representado pola procuradora María Jesús Fernández Rial y López, contra Roberto Arnejo García, Avelina Noya Cerqueiro, Daniel Gil Seoane, Carmen Pérez Leis e Robergil, S.L., de quen se ignora o domicilio, sobre reclamación de cantidade. E nos ditos autos dictouse sentencia co encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela, 26 de maio de 1994. Vistos os presentes autos de executivo outros títulos, número 118/1992, seguidos por instancia de Banco Central Hispanoamericano, S.A., con DNI/CIF A-28000446 domiciliado na r/ Alcalá, 49 (Madrid), representado pola procuradora María Jesús Fernández Rial y López contra Roberto Arnejo García, Avelina Noya Cerqueiro, Daniel Gil Seoane, Carmen Pérez Leis e Robergil, S.L.

Decido que estimando integramente a demanda interposta pola procuradora María Jesús Fernández Rial y López, en representación de Banco Central Hispanoamericano, S.A., debo mandar e mando seguir adiante a execución dos bens embargados ós demandados Roberto Arnejo García, Avelina Noya Cerqueiro, Daniel Gil Seoane, Carmen Pérez Leis e Robergil, S.L. ata facer remate deles e co seu producto enteiro e cumprido pagamento ó acredor da suma de 4.173.172 ptas., por principal debido á executante como capital e xuros devengados máis o xuro legal ata que se fixer efectivo pagamento do principal, condenando así mesmo a dita parte demandada ó pagamento das custas causadas e que se causen ata a súa total e completa liquidación, as cales foron orzadas en 3.800.000 ptas., o que suma un total de 7.973.172 ptas. Lévese testemuño desta sentencia ós autos de que dimana e notifíqueselle ó demandado rebelde na forma ordinaria, de non solicitarse pola actora a notificación persoal no termo de tres días,

facéndolles saber ás partes que contra esta resolución poderase interpor recurso de apelación perante a Audiencia Provincial da Coruña no termo de cinco días. Así por esta miña sentencia pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado e rubricado».

E para que lle sirva de notificación en forma á parte demandada Roberto Arnejo García, Avelina Noya Cerqueiro, Daniel Gil Seoane, Carmen Pérez Leis e Robergil, S.L. esténdese o presente edicto en Santiago de Compostela o dezanove de setembro de mil novecentos noventa e catro.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado