Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 06 de abril de 1995 Páx. 2.650

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (345/1993).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela. Dou fe de que no xuízo de menor contía que se segue neste xulgado co número 345/1993, se dictou a sentencia, co encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o 3 de marzo de 1994, Ángel Pantín Reigada, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil de menor contía seguido neste xulgado co número 345/1993, no que actuaron como demandante Andrés Míguez Seijo, maior de idade, veciño de Santiago de Compostela, representado polo procurador dos tribunais Narciso Caamaño Queijo e asistido polo letrado Cesáreo Pardal Castro e como demandados Eduardo Nogueira Arenas e María Caeiro Ríos, maiores de idade e veciños de Santiago de Compostela, declarados rebeldes nas actuacións, en reclamación de cantidade.

Resolvo que, estimando a demanda presentada, debo condenar e condeno os demandados a lle aboaren solidariamente ó demandante a cantidade de seis millóns de pesetas máis os xuros legais desde a interposición da demanda, con expresa imposición de custas ós demandados.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de apelación para ante a audiencia provincial deste xulgado polo prazo de cinco días desde a notificación.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Asinado e rubricado».

E para que conste e lle sirva de notificación ós demandados rebeldes Eduardo Nogueira Arenas e María Caeiro Ríos, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o un de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria

Rubricado