Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 06 de abril de 1995 Páx. 2.649

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE RIBEIRA

CÉDULA de notificación (230/1994).

María Pilar Varela García, oficial de Administración de xustiza, en funcións de secretaria do Xulgado de Instrucción número un de Ribeira (A Coruña), certifico que en autos de xuízo que se dirá, recaeu sentencia, cun encabezado e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

«Sentencia. Ribeira, dezasete de febreiro de mil novecentos noventa e cinco. Eva María Dovel Lorente, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Ribeira, viu os presentes autos de xuízo verbal de faltas 230/1994 por insultos e ameazas no que son partes o Ministerio Fiscal en representación da acción pública, e como denunciante Juan Manuel Outeiral Collazo, como denunciados María del Carmen Olveira Muñiz. Decido que debo condenar e condeno a María del Carmen Olveira Muñiz, como autora responsable dunha falta de inxurias liviás xa definida, á pena de vintecinco mil pesetas de multa. Condénase tamén ó pagamento das custas procesuais. Notifíqueselles ó Ministerio Fiscal e ás partes interesadas, facéndolles saber que esta non é firme e que cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días e a formalizar por escrito no que motivadamente se expoñan as razóns que se queiran alegar. Así, por esta miña sentencia».

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino a presente cédula en Ribeira a igual data. Asinado e rubricado.