Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 06 de abril de 1995 Páx. 2.648

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (38/1993).

En virtude do acordado polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, Juan Manuel Regal Menéndez, en xuízo voluntario de testamentaría 38/1993, promovido por Ramona Uzal Forján, respecto ó caudal hereditario de Ramona Castroagudín Cruces, polo presente edicto cítase a Ramón Forján Castroagudín e María Forján Castroagudín, co fin de que no prazo de quince

días comparezan perante este xulgado, sito na rúa Tetuán, s/n, representados por procurador e asistidos de letrado, apercibíndoos de que, de non facelo, seguirá o xuízo o seu curso sen volvelos citar.

Padrón, nove de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

O xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado