Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 06 de abril de 1995 Páx. 2.648

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (66/1991).

Eu, a secretaria Violeta Reboredo Otero, dou fe e testemuño de que neste xulgado se seguen autos de xuízo executivo 66/1991, por instancia do Banco de Galicia, S.A., contra Delfino Ramos Martín e María del Carmen Louzao Varela, declarados en rebeldía, nos cales se dictou unha providencia que literalmente di así:

Por presentado o anterior escrito únase ós autos da súa razón.

Desígnase pola parte actora o perito Manuel Ginarte Cabada, axente da propiedade inmobiliaria e con domicilio en Santiago de Compostela, rúa República Arxentina, 28, o cal comparecerá a xurar e acepta-lo cargo, encargándoselle á parte actora da súa presentación.

Déaselles traslado do dito nomeamento ós demandados (en paradoiro descoñecido), para que no termo de dous días nomeen outro pola súa parte, se ó seu dereito convén, conforme o disposto no artigo 281 da LAC. E para que produza os efectos oportunos expido este edicto en Arzúa o seis de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado