Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 06 de abril de 1995 Páx. 2.630

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 7 de marzo de 1995 pola que se aproban as características técnicas do papel de oficio para a Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertido erro na Orde do 7 de marzo de 1995 pola que se aproban as características técnicas do papel de oficio da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia, publicada no DOG nº 62, do 29 de marzo de 1995, cómpre face-la seguinte corrección:

No artigo 6º, onde di: «As delegacións provinciais da Consellería de Xustiza e Interior, durante o mes de xuño de cada exercicio, unha avaliación da utilización do papel de oficio no transcurso do ano anterior, co fin de elaborar melloras que faciliten a eficacia e eficiencia do correspondente gasto xudicial», debe dicir: «As delegacións provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais enviarán á Dirección Xeral de Xustiza e Interior,

durante o mes de xuño de cada exercicio, unha avaliación da utilización do papel de oficio no transcurso do ano anterior; co fin de elaborar melloras que faciliten a eficacia e eficiencia do correspondente gasto xudicial».