Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 06 de abril de 1995 Páx. 2.630

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 1995 pola que se inscribe a Asociación Cultural Montecelo no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Examinada a solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago, presentada pola Asociación Cultural Montecelo, do 23 de febreiro de 1995.

Visto o Decreto 224/1994, do 2 de xuño, polo que se crea o referido rexistro.

Visto igualmente o informe da Dirección Xeral de Promoción do Camiño de Santiago, emitido de acordo co artigo 3.

Considerando que a solicitude presentada cumpre as normas establecidas no decreto de referencia,

RESOLVO:

Que a Asociación Cultural Montecelo quede inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 039.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 1995.

Víctor Manuel Vázquez Protomeñe

Conselleiro de Cultura