Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 06 de abril de 1995 Páx. 2.629

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 24 de febreiro de 1995 pola que se fixan os períodos hábiles de pesca e normas relacionadas con ela nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia durante a tempada de 1995.

Advertidos erros na citada orde, publicada no DOG nº 50, do 13 de marzo, é necesario face-las seguintes correccións:

-No artigo 1º, parágrafo segundo do apartado referente ó salmón (Salmo salar), onde di: «Chelo (río Mandeo)», debe dicir: «Betanzos (río Mandeo)».

-No anexo I, punto 2, apartado referente ó do Furelos e afluentes, onde di: «Ponte de Castellón», debe dicir: «Ponte de Castrillón».

-No anexo I, punto 2, logo do apartado referente ó río Mero debe incluírse o seguinte texto:

«RÍO DE PRADOS (Afluente do Xubia).

Védanse tódalas especies desde o seu nacemento ata a desembocadura.

RÍO RATEIRA.

Védanse tódalas especies desde o seu nacemento ata a desembocadura».

-No anexo I, punto 2, apartado referente ó río Tines, a totalidade do texto deberá substituírse por: «Desde Ponte Serra ata a desembocadura, incluíndo a zona intermareal, o período hábil será do 1 de maio ó 15 de agosto».

-No anexo I, punto 2, despois do apartado referente ó río Ulla debe incluírse o seguinte texto:

«RÍO VALDESERÍA.

Védanse tódalas especies desde o seu nacemento ata a desembocadura».

-No anexo I, punto 3, parágrafo cuarto, onde di: «ENCORO DE SAN COSMEDE», debe dicir: «ENCORO DE SAN COSMADE».

-No anexo II, punto 2, apartado referente ó río Masma e afluentes, parágrafo sétimo, onde di: «couto de Mondoñedo», debe dicir: «couto de Celeiro». No parágrafo noveno, onde di: «xorra (mereis sp)», debe dicir: «xorra (Nereis sp Comunidad Autónoma de Galicia».

-No anexo II, punto 2, apartado referente ó río Navia e afluentes, parágrafo terceiro, onde di: «Os xoves consideraranse día de veda», debe dicir: «Os xoves non festivos consideraranse días de veda».

-No anexo III, punto 1, despois do terceiro parágrafo deberá incluírse o seguinte texto: «Prohíbese a pesca con saltón e con mosca natural durante o mes de agosto».

-No anexo III, punto 1, logo do sexto parágrafo deberá incluírse o seguinte texto: «No couto de pesca de Allariz a cota de capturas de troita por pescador e xornada será de 6; nos restantes coutos de pesca da provincia esta cota será de 12 troitas».

-No anexo III, punto 2, apartado referente ó río Conso, onde di: «río Cerreira-Conso», debe dicir: «río Cerveira-Conso».

-No anexo III, punto 3, apartado referente ó encoro das Conchas, a totalidade do texto deberá substituírse por: «Límite superior no río Limia: ponte da estrada Bande-Mugueimes. Límite superior no río Cadós: 50 m augas abaixo do límite do couto de Cadós. Límite inferior: presa das Conchas».

-No anexo III, punto 3, apartado referente ó encoro de San Martiño, onde di: «Desde a parte da estrada», debe dicir: «Desde a ponte da estrada».

-No anexo IV, punto 1, apartado referente ó río Ulla e afluentes, parágrafo primeiro, onde di: «en tódolos seus afluentes pontevedreses nun tramo de un quilómetro», debe dicir: «en tódolos seus afluentes nun tramo de un quilómetro». No penúltimo parágrafo deberá ser suprimido o texto «tales como o devón e a culleriña».

-No anexo IV, punto. 1, apartado referente ó río Umia e afluentes, parágrafo terceiro, onde di: «praia fluvial de Lornes (Cuntis)», debe dicir: «praia fluvial de Vilabar (Cuntis)».