Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 05 de abril de 1995 Páx. 2.616

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 2 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de proposta de resolución formulada no expediente sancionador de epizootias 246/1994 devolta polo servicio de correos por atoparse ausente nas horas de reparto o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notíficaselle ó denunciado cos datos personais e último enderezo coñecido que, con esta data, se formula a correspondente proposta de resolución no expediente sancionador que se instrúe, por infracción da Lei de epizootias de 1952 e o seu Regulamento de 1955 (modificado polo Real decreto do 7 de maio de 1976).

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para que poida alegar canto considere conveniente na súa defensa.

ANEXO

Expediente: 246/1994.

Denunciado: Ángel Sánchez Ares.

DNI nº: 9.982.722.

Último enderezo coñecido: rúa Progreso-a rúa Ourense.

Feitos imputados: transporta-lo día 21 de setembro de 1994, no vehículo matrícula OR-4612-N, aves de curral de diversas idades, carecendo de guía de orixe e sanidade pecuaria.

Tipificación da infracción Regulamento de epizootias:

Precepto infrinxido: artigo 32.

Precepto sancionador: artigo 212.

Cualificación da infracción: menos grave.

Sanción: 10.000 ptas.

Lugo, 2 de marzo de 1995.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo