Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 05 de abril de 1995 Páx. 2.616

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de poxa con admisión previa, das obras de acondicionamento e asfaltado de camiños de concentración parcelaria no concello de Valdoviño, provincia da Coruña (X-3278).

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería de Montes, resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de poxa con admisión previa:

Obxecto: contratación da execución da obra de acondicionamento e asfaltado de camiños de concentración parcelaria no concello de Valdoviño (A Coruña), X-3278, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para iso.

Orzamento de licitación: trinta millóns setecentas corenta e sete mil cincocentas setenta e nove pesetas (30.747.579 ptas.).

Prazo de execución: seis (6) meses.

Clasificación: categoría D, grupo G, subgrupo 6.

Fianza provisional: exenta.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto así como o prego de cláusulas administrativas particulares estarán a disposición dos licitadores para o seu examen durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela), o en calquera das vías admitidas polo artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, antes das 14 horas do día 4 de maio de 1995.

A apertura de proposicións terá lugar o día 10 de maio de 1995, ás 12 horas, nas oficinas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela).

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 1995.

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes