Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 05 de abril de 1995 Páx. 2.617

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 21 de febreiro de 1995, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación do monte Coto de Burro e outros, pertencente á comunidade veciñal da parroquia de S. Mateo de Oliveira, concello de Ponteareas.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra, en sesión celebrada o día 10-11-1993, acordou inicia-los trámites para a clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:

Concello: Ponteareas.

Parroquia: San Mateo de Oliveira.

-Primeira parcela: Coto do Burro, Cacheiro ou Coto Agudo.

Lindes.

Norte: propiedades de José Álvarez Rocha, Gabino Álvarez Rocha, Manuel Rodríguez, Gabino Mariño Mó, e camiño público.

Sur: propiedades de Julio Estévez Paz, José Álvarez Rocha, herdeiros de Raimundo Rodriguez e outros.

Leste: camiño público e propiedades de Gabino Álvarez Rocha e outros.

Oeste: propiedades de María Mouriño Suárez e outros.

Cabida: 8,5 ha.

-Segunda parcela: Pedreira e Chan.

Lindes.

Norte: con propiedade de Concepción Rodríguez Márquez e Valeriano Domínguez Santos, viñedos de Julio Estévez Paz e Joaquín Paz Iglesias; con estrada local e outras propiedades.

Sur: con propiedade de Andrés Paz García; camiño público que o separa de viñedo propiedade de Eugenio Rodríguez Diz e vivenda de Salvador Iglesias Álvarez.

Leste: con termo municipal de Salvaterra.

Oeste: propiedades particulares de Guillermo Álvarez Suárez; Francisco Álvarez Silva; Amelia Rodríguez Pereira; camiño público, e máis propiedades de José Rodríguez e Jacinto Fernández.

Cabida: 11 ha.

-Terceira parcela: San Mauro.

Lindes.

Norte: con estrada ó barrio de Alcaraz.

Sur: con estrada ó barrio de Albas.

Leste: con termo de Salvaterra.

Oeste: con camiño veciñal que o separa de montes de José Araújo Vilas, de herdeiros de Gabino Rodríguez González, herdeiros de Gabino Mariño Mó e outros.

-Cuarta parcela: Casal.

Lindes.

Norte: estrada da ermida de San Amaro.

Sur: propiedade de Senén Álvarez e camiño público.

Leste: propiedade de Elvira Garrido Carballo.

Oeste: propiedade de Manuel Álvarez e regato.

Cabida: 9.000 m.

-Quinta parcela: Cheira.

Lindes.

Norte: propiedade de Constante Suárez García. Hros. de Gabino Castro Estévez e outros.

Sur: propiedade de José Garrido Carballo e outros.

Leste: camiño público ó barrio de Cheira.

Oeste: propiedade de Manuel Garrido Carballo.

Cabida: 3,7 ha.

-Sexta parcela: Agrelo, Baldoeiro e Arieiro.

Lindes.

Norte: propiedade de Emilia Míguez Suárez; Hros. de Elisa Álvarez e outros.

Sur: propiedade de Manuel Garrido Carballo.

Leste: propiedade de José Araújo Vilas, José Mariño Suárez, Mª del Carmen Márquez Femández, José Suárez Pereira e outros.

Oeste: Granjas Avigan e monte veciñal en man común da parroquia de Moreira.

Cabida: 17 ha.

-Sétima parcela: Xestal.

Lindes.

Norte: rego e camiño de Moreira.

Sur: propiedades de Domingo Rodríguez Carballido e outros.

Leste: propiedade de José Araújo Vilas.

Oeste: propiedade de José Rodríguez Mera.

Cabida: 1.100 m.

-Oitava: parcela: Outeiro.

Lindes.

Norte: propiedade de Manuel Castro Álvarez.

Sur: propiedades de Rosa Álvarez Lorenzo e outros.

Leste: propiedade de Julia Lorenzo.

Oeste: propiedade de Antonio Álvarez Alonso.

Cabida: 400 m.

-Novena parcela: Anguil.

Lindes.

Norte: propiedade de herdeiros de Manuel Suárez.

Sur: propiedade de Domingo Rodríguez Carballido.

Leste: propiedade de Avelino López Suárez.

Oeste: propiedade de herdeiros de Peregrina Gómez e outros.

Cabida: 0,3 ha.

-Décima parcela: Silva.

Lindes.

Norte: propiedade de José Rodríguez, monte comunal de Angoares e outros propietarios.

Sur: propiedades de Alberto Castro e outros.

Leste: camiño público.

Oeste: propiedade de heredeiros de José Rodríguez Gómez.

Cabida: 1 ha.

-Undécima parcela: Almufada (Manga).

Lindes.

Norte: monte comunal de Fontenla e industria de Gramol.

Sur: propiedades de Jaime Rodríguez Silva; Daniel Monteagudo Álvarez, José Alonso Rodríguez, Serafín Castro Rodríguez e outros.

Leste: propiedades de Concepción Rodríguez Silva e José Rodríguez Fernández.

Oeste: propiedades de María Rodriguez Fernández e outros.

Cabida: 3 ha.

O que se pon en coñecemento de tódolos interesados, para efectos de abrir un período de información de un mes de duración contado a partir do día seguinte á publicación deste anuncio para que se poida examina-lo expediente e aducir durante este tempo o que se considere procedente en relación co monte de referencia, todo isto de acordo co disposto no artigo 11 da Lei do Parlamento de Galicia 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e o artigo 23.2º do Decreto 260/1992, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 21 de febreiro de 1995.

Manuel Abeledo López

Presidente do Xurado Provincial de Montes Veciñais

en Man Común de Pontevedra