Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 05 de abril de 1995 Páx. 2.612

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 20 de marzo de 1995 pola que se fai público o anuncio da licitación, polo sistema de poxa con admisión previa, da obra de clave CD/LU/94.1.

Advertido erro no texto publicado da citada resolución, relativa á obra de alargamento e mellora da C.P. de Friol a Parga. P.Q. 10,050-18,930, publicada no Diario Oficial de Galicia, número 60, do 27 do mes en curso, páxinas 2.281 e 2.282, transcríbese a continuación a oportuna rectificación:

No apartado A) parágrafo 3º onde di: «Orzamento: noventa e nove millóns cincocentas oitenta mil pesetas (99.580.000 ptas.)», debe dicir: «Orzamento: cen millóns catrocentas corenta e cinco mil novecentas trece pesetas (100.445.913 ptas.)».