Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 05 de abril de 1995 Páx. 2.611

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 1995, da Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto da canteira de anfibolita Monte da Corda.

O artigo 2.4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), dispón que o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, durante quince días hábiles, mediante anuncio do Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Someter a información pública, no prazo de quince días hábiles, contando a partir da publicación da presente resolución, o estudio de efectos ambientais do proxecto da canteira de anfibolita Monte da Corda, situada nos paraxes de Cidadela, no concello de Vilasantar, provincia de A Coruña.

2. Para os devanditos efectos informativos, poranse á disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:

-Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.

-Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública (Comisión Provincial de Medio Ambiente) da provincia da Coruña.

-Concello de Vilasantar.

3. As alegacións formularanse durante o dito prazo de quince días.

4. Unha vez rematado o mencionado prazo, remitirase o expediente coas correspondentes alegacións á Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 1995.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Comisión Galega do Medio

Ambiente