Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 05 de abril de 1995 Páx. 2.611

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 1995 pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán concursos a prazas de profesorado desta universidade, convocadas por Resolución do 23 de maio de 1994.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1.888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1.427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados polo consello de universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición das comisións que resolverán os concursos para a provisión de prazas de profesorado desta universidade, convocadas por resolución da Universidade de Vigo do 23 de maio de 1994 (BOE do 10 de xuño de 1994) e que son as que se relacionan como anexos a esta resolución.

As ditas comisións deberanse constituír nun prazo non superior a catro meses, a contar desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade, nun prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

Vigo, 8 de marzo de 1995.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO

Praza de: catedrático de escola universitaria.

Área de coñecemento: análise xeográfica rexional.

Praza número: 09/1994.

Comisión titular:

Presidenta: Pilar de Torres Luna, catedrática de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretario: Diego López Olivares, catedrático de escola universitaria. Universidade Jaume I de Castellón.

Vocais: Antonio Campesino Femández, catedrático de universidade. Universidade de Estremadura.

Mª Luisa Frutos Mejias, catedrática de universidade. Universidade de Zaragoza.

Tomás Cortizo Álvarez, profesor titular de universidade. Universidade de Oviedo.

Comisión suplente:

Presidenta: Josefina Gómez Mendoza, catedrática de universidade. Universidade Autónoma de Madrid.

Vocal secretario: José Fernando Vera Rebollo, catedrático de universidade. Universidade de Alacante.

Vocais: Francisco Antonio Rodríguez Martínez, catedrático de universidade. Universidade de Granada.

Enrique Jaime Salvador Matarredona Coll, profesor titular de universidade. Universidade de Alacante.

Valentín Cabero Diéguez, catedrático de universidade. Universidade de Salamanca.