Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 05 de abril de 1995 Páx. 2.612

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 1995 pola que se anuncia a licitación do concurso de proxecto e construcción da estación de autobuses de terceiro nivel de Cangas (Pontevedra).

A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por proposta da Dirección Xeral de Transportes, convoca o seguinte concurso:

Obxecto: concurso de proxecto e construcción da estación de autobuses de terceiro nivel de Cangas (Pontevedra).

Orzamento: 35.000.000 de ptas.

Prazo: 3 meses.

Documentos de interese para os licitadores:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da Dirección Xeral de Transportes, e nas delegacións provinciais da Consellería de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda, durante o prazo de presentación de proposicións, tódolos días laborais, agás sábados, durante as horas hábiles de oficina.

Modelo de proposición:

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta no anexo número 1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación de proposicións:

As proposicións deberán ser entregadas en man, no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, desde as 9 as 14 horas ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta, mediante télex o telegrama, no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado redactado polo Real decreto 2.528/1986, do 28 de novembro.

Plazo de presentación:

Será de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Clasificación necesaria:

A clasificación requirida será: grupo C completo; categoría D.

Apertura de proposicións:

-Lugar: na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

-Día e hora: ás 11 horas do quinto día hábil, que no sexa sábado, seguinte á data do termo do prazo de presentación de proposicións.

Documentos que deben presenta-los licitadores:

Os que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares, segundo as circunstancias de cada licitador, significándose que deberá acompañarse na documentación xeral (sobre nº 1) certificado de clasificación definitiva ou copia autenticada, se é o caso, para cada solución que se presente nos grupos, subgrupos e categorías adecuadas de acordo co proxecto, prazo e importe de cada proposición.

Será por conta do adxudicatario o gasto ocasionado pola inserción da presente resolución no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 1995.

P.D. (Orde 25-10-1983, DOG 14 de decembro)

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes