Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 05 de abril de 1995 Páx. 2.602

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 20 de marzo de 1995 pola que se dictan normas en aplicación da sentencia do Tribunal Supremo do 6 de marzo de 1995 relativa á orde desta consellería do 23 de abril de 1991.

Por Orde do 23 de abril de 1991 (DOG do 26), convocáronse probas selectivas para ingreso no corpo de mestres en expectativa de ingreso na Comunidade Autónoma de Galicia.

Realizadas as probas selectivas e de conformidade coas propostas dos tribunais e, no seu caso, das comisións de selección, pola Orde do 11 de novembro de 1991 (DOG do 20), fíxose pública a relación dos opositores que superaron o proceso selectivo. Pola Orde do 29 de novembro de 1991 (DOG do 10 de decembro) nomeáronse funcionarios en prácticas os opositores incluídos na orde anteriormente mencionada.

Contra a orde de convocatoria interpuxéronse recursos contencioso-administrativos nos que recaeu a sentencia número 375/1992, do 11 de xuño, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que estimou parcialmente os recursos contencioso-administrativos acumulados.

En execución desta sentencia dictouse a Orde do 27 de outubro de 1992 (DOG do 28), publicando unha nova relación de opositores que, en virtude da mesma, superaban o procedemento selectivo e deixando sen efecto as ordes do 11 de novembro de 1991 (DOG do 20) e a do 29 de novembro de

1991 (DOG do 10 de decembro), esta última agás para os opositores que figuraban na propia Orde do 27 de outubro de 1992 e nunha das anteriormente citadas do 11 de novembro de 1991.

Así mesmo, pola Orde do 1 de decembro de 1992 (DOG do 23) nomeáronse funcionarios en prácticas os opositores incluídos na lista de aprobados en virtude da execución da sentencia número 375/1992, do 11 de xuño, agás os que se lles concedeu o aprazamento da mesma.

Finalmente, por Orde do 15 de decembro de 1992 (BOE do 5 de marzo de 1993), nomeáronse funcionarios de carreira do corpo de mestres os opositores que, figurando nas listas de aprobados publicadas pola Orde do 11 de novembro de 1991, tamén reunían os requisitos para supera-lo procedemento selectivo de acordo coa sentencia da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia número 375/1992, do 11 de xuño.

De conformidade co disposto na orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 17 de marzo de 1995, pola que se ordena a execución da sentencia da Sala Terceira do Tribunal Supremo do 6 de marzo de 1995, procede agora deixar sen efecto a Orde do 27 de outubro de 1992 (DOG do 28) e do 1 de decembro de 1992 (DOG do 23) e repoñe-la vixencia das ordes do 11 de novembro de 1991 (DOG do 20) e do 29 de novembro de 1991 (DOG do 10 de decembro), polas que se fixeron públicas as listas dos opositores que superaron o procedemento selectivo convocado pola Orde do 23 de abril de 1991 (DOG do 26) e se nomearon funcionarios en prácticas do corpo de mestres ós opositores relacionados nas ordes anteriormente citadas.

Na súa virtude, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Confírmase a relación de opositores que superaron definitivamente o procedemento selectivo para ingreso no corpo de mestres e que se publicou na Orde do 11 de novembro de 1991 (DOG do 20).

Segundo.-De conformidade coa Orde do 29 de novembro de 1991 (DOG do 10 de decembro), e en tanto non se complete o expediente de nomeamento de funcionarios de carreira, quedan nomeados funcionarios en prácticas os opositores que, figurando na orde citada no apartado anterior, non foron nomeados funcionarios de carreira pola Orde do 15 de decembro de 1992 (BOE do 5 de marzo de 1993) e non renunciaron ó procedemento selectivo. Estes opositores relaciónanse no anexo á presente orde.

Terceiro.-De acordo co disposto na base segunda da convocatoria cuarta da Orde do 15 de outubro de 1994 (DOG do 26), queda confirmada a participación no concurso de traslados dos opositores ós que fai referencia a presente orde.

Cuarto.-Quedan sen efecto as ordes do 27 de outubro de 1992 (DOG do 28), pola que se fai pública a lista dos opositores que superaron o procedemento selectivo, en execución de sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia número 375/1992, do 11 de xuño, convocado pola Orde do 23 de abril de 1991 (DOG do 26) para ingreso no corpo de mestres e a Orde do 1 de decembro de 1992 (DOG do 23), pola que se nomeaban funcionarios en prácticas.

Quinto.-Os opositores nomeados funcionarios en prácticas pola Orde do 1 de decembro de 1992 (DOG do 23) que estean prestando servicios nun centro dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e que non superaron o procedemento selectivo convocado pola Orde do 7 de xuño de 1994 (DOG do 10) continuarán prestando servicios no seu destino actual, ata o remate do curso escolar 1994-1995, como profesores interinos do corpo de mestres.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria